Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Medio Rural rexeitou encontrarse con representantes hortofrotícolas e municipais.
O Ateneo Ferrolán vai a xuízo o día 17 de setembro por unha débeda promovida polo Concello de Ferrol que pode poñer en perigo o seu futuro. Convocan a vindeira segunda feira a partidos, sindicatos, organizacións culturais e sociais e particulares a unha xuntanza para salvar o Ateneo.
Os representantes municipais do BNG, PSdeG-PSOE, CxG e Anova mantiveron un fechamento en San Caetano para forzaren unha reunión coa Xunta que terá lugar o 1 de abril ás 15.30h.
O “Xantar Gaiteiro” que chega a súa XIX edición organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos ten, nesta ocasión, un motivo de festa especial xa que a entidade conmemora os seus 25 anos. A cita será o 23 nas Pontes.
A plataforma cidadá de Compostela rexeita que as entidades "dilaten os tempos" á hora de dar unha resposta ás persoas afectadas polos despexos e volven queixarse diante das oficinas centrais do Santander, Popular-Pastor e Novagalicia Banco. Para a cuarta feira, día 15, ás 11 horas, está convocada xa a seguinte mobilización.