Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O conselleiro de Facenda recoñeceu esta cuarta feira o "elevado nivel de endebedamento público": 12.333 millóns até o primeiro semestre de 2023. O proxecto de orzamentos de 2024 prevé unha débeda de 12.309 millóns, aos que se sumarían 1.906 millóns de actuacións financiadas pola colaboración público-privada. A Xunta endebedou de media cada cidadá e cidadán con 2.813 euros desde o exercicio de 2009.
O sistema educativo galego viviu esta terza feira a primeira folga da época de Alfonso Rueda como presidente da Xunta da Galiza. A mobilización, impulsada polos sindicatos CIG, STEG e CSIF para rexeitar o acordo asinado entre CCOO, ANPE e UXT e o Goberno galego, reivindicaba reducir as ratios de alumnado nas diversas etapas do ensino e mellorar as condición laborais do persoal docente. A xornada de protesta impactou na actividade dos centros de ensino da Galiza, malia os servizos mínimos impostos por Educación e considerados "abusivos" polos convocantes.
O baixo grao de execución orzamentaria afecta negativamente á actividade económica.