Desde este 25 de Xullo, o Sermos Galiza estará nos quiosques todas as quintas feiras
O semanario Sermos Galiza adianta a súa data de publicación. Pasa das sextas ás quintas feiras. O primeiro número en saír a quinta feira será o desta semana, o número 57, en pleno Día da Patria Galega. A cuarta feira á noite xa se poderá descarregar na loxa!