Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Os efectivos da Garda Civil procuraban material electoral nunha nave industrial obxecto de rexistro en Bigues i Riells. Un membro do instituto militar declarou esta cuarta feira na sala do Penal do Supremo, no xuízo ao procés, que, durante as tarefas de vixilancia previas, viron entrar e saír das instalacións fabrís Quim Torra, quen meses despois se convertería en president da Generalitat.
Oriol Junqueras será o candidato de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) ás eleccións xerais. Ademais, na mañá desta quinta feira era confirmado candidato da Alianza Libre Europea -onde se integra a coligazón de BNG, ERC e EH Bildu-.
Enric Millo acusa o goberno da Generalitat presidido por Puigdemont de non ter vontade negociadora ningunha.
O secretario de Estado de Seguridade cando Juan Ignacio Zoido era ministro do Interior cualifica de “exemplar” a actuación das forzas de seguridade naqueles días e critica o despregamento dos Mossos por, dixo, ser “insuficientes, ineficaces e inoperativos”.
Íñigo Urkullu actuou como mediador entre o Govern e A Moncloa. Viuse no palacio presidencial con Raxoi o 19 de xullo de 2017. Así o revelou esta quinta feira a perguntas das defensas na quenda de interrogatorios ás testemuñas. Na cuarta feira, Raxoi eludiu precisar se o encontro con Urkullu fora en persoa. O lehendakari relatou que Puigdemont se inclinaba por anticipar eleccións e por non realizar a Declaración Unilateral de Independencia, pero na súa mediación non foi posíbel obter garantías da Moncloa de que nese escenario non se activaría o 155.
Puigdemont non senta no banco dos reos porque se exiliou en Bélxica e xuíces belgas e alemás non viron delito de rebelión nos seus actos, co cal se negaron a extraditalo ao estado. Puigdemont non toma parte no xuízo como testemuña, a pesar de que así o pedían as defensas, porque se opuxo o tribunal. Mais Puigdemont é unha peza chave no procés. Tanto que Artur Mas, na súa calidade de testemuña, desviou cara el a responsabilidade útlima da convocatoria do referendo.
O 1-O foi un xigantesco exercicio de "desobediencia civil" pacífica, o maior da historia contemporánea de Europa. Sobre esa tese edificou o seu testemuño esta terza feira, no xuízo ao procés, o presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, que enfrenta cargos por rebelión que poderían resultar en 17 anos de prisión.
Esta semana é a quenda das testemuñas no xuízo ao procés. Ten unha particularidade procesal moi relevante: as testemuñas están obrigadas a dicer verdade —non como as persoas acusadas, que poden até mentir en lexítima defensa— e non poden eludir ningún interrogatorio. Chega o momento de Mariano Raxoi e tamén de Vox.
"Este é un xuízo político feito por un tribunal político" (Suso de Toro, escritor e activista, moi involucrado na defensa da causa autodeterminista catalá). "A Fiscalía non ten caso. Non ten elementos de probas que demostren a existencia dun delito de rebelión" (Antón Losada, profesor de Ciencias Políticas da USC e colaborador de distintos medios de comunicación). Esgotados os primeiros capítulos do proceso ao procés, falamos con Losada e De Toro sobre un xuízo penal que é moito máis que iso: estamos ante un procedimento xudicial que testa a calidade da democracia no estado.
Boa parte da causa contra as 12 persoas acusadas no xuízo ao procés ciméntase na presunción de que a concentración de simpatizantes soberanistas o 20 de setembro de 2017 diante da sede da Consellaría de Economía no centro de Barcelona, mentres se estaba a producir un rexistro policial, foi un acto violento inducido polos líderes independentistas. Jordi Sànchez foi interpelado especificamente pola súa actividade en twitter daquela mañá. Os seus chíos eran unha chamada a unha mobilización pacífica.
Quinta sesión do xuízo ao procés e continúa sen aparecer nin rastro do material acusatorio sobre o que se sustenta os gravísimos cargos -rebelión, sedición e malversación de fondos- que pesa sobre a 12 persoas acusadas. Alén de máis, esta terza feira sóubose que o Goberno Raxoi en ningún momento valorou a hipótese de declarar o estado de sitio após a declaración de independencia do 27 de outubro de 2017, Ese é un dato moi relevante: de ter habido rebelión, o Goberno tería que ter activado ese mecanismo constitucional.
[EN ACTUALIZACIÓN] Reanudouse esta terza feira o xuízo ao procés e fíxoo co interrogatorio do fiscal a Jordi Turull, ex conselleiro da Presidencia. Candidato falido no seu momento á investidura como president —non conseguiu o apoio da CUP, que optou pola abstención— é unha das figuras con maior peso político de Junts per Catalunya. Nas súas respostas ao Ministerio Público, enfatizou que en todo momento o Govern procurou o diálogo co Estado e que o movimento independentista catalán é un fenómeno social que vén de abaixo a arriba e non está teledirixido polas cúpulas partidarias.
A preguntas do seu avogado, Xavier Melero, o ex conseller Joaquim Forn sinalou na xornada de tarde do día do xuízo ao procés que ten lugar no Tribunal Supremo que non houbo resolución ningunha nin acto administrativo que despregase a República.
O xuízo ao independentismo catalán, na súa terceira sesión, ofreceu esta quinta feira unha das imaxes máis agardadas, a de Oriol Junqueras a ser interrogado no Tribunal Supremo. É o primeiro testemuño que prestan as 12 persoas acusadas nesta causa contra o independentismo catalán. En exercicio dos seus dereitos, Junqueras só admitiu perguntas da súa defensa. "Estou nun xuízo político", dixo antes de se autocualificar como "preso político". "Nada do que fixemos é delito", resumiu.
Na abertura da vista oral, as defensas consideraron esta terza feira que o xuízo ao independentismo catalán non se debería nin ter realizado: non hai causa nin probas e, alén do máis, téñense vulnerado os dereitos fundamentais das 12 persoas acusadas. Na sesión desta cuarta feira, os fiscais —o seu xefe no estado español é designado a dedo polo poder executivo— tentaron desacreditar os argumentos dos avogados. E foron alén diso, perfilaron o relato dos seus cargos contra Junqueras e compañía: si houbo rebelión porque si houbo "métodos violentos".
Un xuízo de inequívoco contido político, un proceso inédito nos 40 anos de réxime de 1978, comezou esta terza feira no Tribunal Supremo español contra os dirixentes do bloque independentista catalán. Xa nas cuestións previas, as que se ventilarán hoxe, as defensas piden a nulidade do procedimento por considerar que foron violados os dereitos fundamentais das e dos acusados. A expectación extramuros é máxima. Os CDR, mentres tanto, cortaron estradas e vías de acceso a Barcelona. A ANC convoca concentracións para esta tarde.