Xosé Manuel Sánchez Rei

Noemí García Rodríguez, coa obra da que é coautora, e Xosé Manuel Sánchez Rei (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Xosé Manuel Sánchez Rei: "Ribeira de Piquín sempre foi unha terra de afamados gaiteiros e artesáns de gaita"

Xosé Manuel Sánchez Rei e Noemí García Rodríguez asinan o Cancioneiro da Ribeira de Piquín (Editorial Canela, 2022), un traballo de recuperación e compilación de máis de 200 cantares tradicionais recollidos nese concello e en zonas próximas. Nós Diario conversa con Sánchez Rei, profesor da Universidade da Coruña, desta obra que contén un estudo introdutorio, lingüístico e histórico dese repertorio.