Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Cincocentas cartas de case 300 remitentes, recibidas entre 1886 e 1923, compoñen o terceiro volume do epistolario de Manuel Murguía. Segundo un dos seus editores, Xosé Luís Axeitos, nel percíbese “sempre un horizonte, a construción da Galiza”. Cartas a Murguía (1886-1923) publícao a Fundación Rosalía de Castro e ao seu coidado atópanse, amais do académico Axeitos, o historiador e tamén académico Xosé Ramón Barreiro.
Xa está nas librarías Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía (Xerais), a máis agardada biografía do rianxeiro, que chega da man do seu maior especialista, Xosé Luís Axeitos, o académico de Asados que leva media vida dedicada ao seu estudo. Publicamos un extracto da entrevista recollida no semanario Sermos Galiza.
No 117 aniversario do seu nacemento un 12 de xullo en Rianxo, Xerais vén de sacar do prelo a biografía máis completa do poeta realizada polo maior especialista na súa figura, o académico Xosé Luís Axeitos, tamén de Asados coma o autor.
As tensións non minguan no seo da RAG. As voces discrepantes na institución da rúa Tabernas voltaron a se expresar esta semana nunha entrevista na Radio Galega co académico Xosé Luís Axeitos, moi crítico con Alonso Montero. Sobre a elección á presidencia, axendada para abril, supón que "terán que dar a cara" aqueles que puxeron ao fronte da institución "a un home de palla".
O académico Xosé Luís Axeitos sae ao paso á decisión da RAG de nomear a Filgueira Valverde para o vindeiro Día das Letras Galegas, opción que define como “inoportuna”. Man dereita de Ferrín na anterior executiva, considera que a Academia está “finiquitada” e que é preciso dar pasos adiante para que o diálogo volva á sede da rúa Tabernas.
A véspera de ser elixido novo presidente da RAG, o académico que ocupa o posto en funcións, Xosé Luís Axeitos, publica na web unha nota na que confirma que a Xunta non desistiu do recurso de casación diante do Tribunal Supremo e defende o traballo “responsábel, xeneroso e desinteresado” dos servizos xurídicos da Academia.