Xohana Torres

Beiramar e serpes

O Anuario de Estatísticas Culturais do Ministerio de Cultura amosa que, de 2021 a 2022, leron libros o 58,1% dos homes e o 65,1% das mulleres. (Foto: 112).
star
Reportaxes

Narradoras e marxes.

A corrección do desequilibrio histórico na presenza de mulleres na narrativa en galego experimentou un notábel avance a partir dos 2000. Mais os datos dispoñíbeis non permiten falar de paridade, malia os relativos progresos no proceso de canonización da literatura de autoría feminina. Fican polo camiño determinados puntos cegos que impiden a visibilización de certas autoras ou, quizais, máis ben os efectos dun problema estrutural que tende a situar as mulleres nas marxes. 
O libro cos poemas póstumos da escritora foi presentado na tarde de onte na Casa Xohana Torres de Compostela.
Engaiolarte publica 'Últimas tardes con Xohana', o último libro escrito pola autora

Poemas últimos de Xohana Torres

Nos últimos meses da súa vida, Xohana Torres estaba inmersa na escrita dun libro que, talvez, xa consideraba unha despedida. O seu pasamento non permitiu que o rematase, mais Engaiolarte Edicións publica agora os poemas acabados nun volume que permite asomarse ao seu proceso de creación.
Xohana Torres. Foto: Xan Carballa
star
Libros: 'Elexías a Lola', de Xohana Torres

A Biblioteca Xohana Torres

A Biblioteca Xohana Torres é un proxecto que sitúa o libro galego xunto aos máis belos libros de literatura que se poden atopar no mundo editorial de calquera país europeo e que lle dá á obra de Xohana Torres un templo para a súa lectura e o seu goce
Ana Garrido González
star
Libros: 'Xohana Torres. Da viúva de vivo á muller navegante' de Ana Garrido González

Cartografía náutica

Este traballo de Ana Garrido González, gañador do Premio Xohana Torres 2019, propón unha análise da obra de Xohana Torres como unha sorte de macrotexto que desafía as interpretacións máis clásicas.

Biblioteca Xohana Torres

O estoxo que inclúe a obra dramática completa de Xohana Torres. (Foto: Nós Diario)
Engaiolarte Edicións recupera a súa obra dramática despois de cincuenta anos

O teatro case inédito de Xohana Torres

Dous volumes recollen o teatro completo de Xohana Torres, inédito desde hai máis de cincuenta anos mais aínda por descubrir para unha gran parte do público e das persoas afeccionadas ao teatro. Engaiolarte Edicións publica A outra banda do Iberr e Un hotel de primeira sobre o río dentro da súa Biblioteca Xohana Torres.
Ana Garrido
Cultura

Xohana Torres, a muller navegante que rachou coas viúvas de vivos

Ana Garrido reivindica a autora dos 60 e 70 cun ensaio gañador do premio homónimo
Yolanda Castaño e Xohana Torres
Morte de Xohana Torres

As fillas de Penélope

O maxisterio de Xohana Torres (1931-2017) foi intempestivo. Atravesou o seu propio tempo, impúxose á liñalidade das xeracións e confluíu coas poetas máis rebeldes das últimas décadas. A autora do depuradísimo e influente Tempo de ría (1992) dialogou de igual a igual coas novas promocións. E as fillas de Penélope responderon coa decisión de tamén navegar e socializaren a maxia, porque esta "existe e pode ser todas".

De Rosalía a Xohana Torres

Con motivo da morte de Xohana Torres, resgatamos este artigo de Manuel López Foxo que viu a luz en febreiro deste ano. 

Xohana Torres ©Xan Carballa
CULTURA

Morre Xohana Torres

Comoción na cultura galega: esta terza feira morreu en Vigo Xohana Torres (Compostela, 1931). Poeta, narradora e dramaturga, deixa unha obra de grande alento. En plena ditadura, abriu fendas para a cultura e a lingua do país. Pertencía a unha xeración, a das Festas Minervais, mais a súa obra non é redutíbel a unha franxa ou a un grupo etario. Perfeccionista, tiña un enorme dominio do oficio. Mais non todo era técnica, era perfeitamente quen de producir emoción e beleza. Cantora da súa lingua e cantora tamén da nación, o seu legado perdurará.

Xohana Torres e Lola

De Xohana Torres a Begoña Caamaño

Elas chegarán onde nós non fomos cecais dignos de chegar!

De Rosalía a Xohana Torres

XOHANA TORRES
Con "Elexías a Lola"

Xohana Torres regresa ás librarías após 14 anos

Unha das grandes poetas da literatura galega, Xohana Torres, regresa aos andeis das librarías coa obra Elexías a Lola, un traballo editado por Engaiolarte que inclúe poemas inéditos, os primeiros que vén a luz desde que en 2002 se publicara Poesías reunidas.

concello-xohana
CULTURA

O Concello de Santiago recupera o Premio Xohana Torres

O Concello de Santiago vén de recuperar, a proposta do BNG, o Premio Xohana Torres de ensaio que eliminara a corporación municipal do PP, liderada daquela por Conde Rosa. Hoxe, 8 de marzo, abre o prazo de presentación.