Xerais

Ismael Ramos. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Ismael Ramos: "A pobreza sempre se nos vende como algo conxuntural, pero é estrutural"

Ismael Ramos vén de gañar o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández do Ministerio de Cultura por Lixeiro (Xerais), o seu último poemario. Un libro que indaga na incerteza en relación coa precariedade e a pobreza. Que amplía o foco sobre a familia e a identidade posto polo autor en Lumes e Os fillos da fame. Que volve reivindicar unha poesía do cotiá, feita desde o corpo, cun estilo de aparencia sinxela. Sen grandes discursos, senón coa consciencia ben esperta ante a vida. Repasamos con el a súa escrita nesta entrevista. 
Daniela Ferrández
Pérez.
star
Libros:'A defunción dos sexos', de Daniela Ferrández

Recuperando a historia

Afondar na historia do que non foi historiado presenta enormes dificultades, pero tamén fai moi meritorio cada dato ou elemento novo sacado á luz.
Xavier Queipo.
star
Entrevistas

Xavier Queipo. "O relato curto ten unha relevancia que a crítica xornalística non lle recoñece"

Xavier Queipo (Santiago, 1957) vén de inaugurar unha nova etapa na súa vida. Acabado de xubilar do seu traballo en Bruxelas -aínda que mantén certa actividade profesional- vén de regresar a Vigo e de publicar dous libros, Final feliz (Xerais) e Algoritmos (Galaxia), moi diferentes no seu contido pero moi parecidos na mirada que os guía: unha mestura do científico e do home de letras que lle outorgan un aire humanista pouco frecuente nas letras galegas. Conversamos con el sobre estes dous libros cos que abre esta nova etapa. 
 
Anxo Iglesias, gañador do Premio Merlín, convocado pola editorial Xerais, deste ano. (Foto: Cedida por Xerais)
Contracultura

Anxo Iglesias: "Hai que transmitir ás crianzas que a poesía é unha ferramenta incríbel para divertirse"

Anxo Iglesias (Vigo, 1967) é docente en Educación Física nun instituto de Gondomar e combina a súa profesión cun longo interese na dinamización cultural, a través de asociacións como Espazo Lectura, da que foi socio fundador e para a que coordinou clubs de lectura e desenvolveu outras actividades. Como músico, fai parte tamén da Banda dos Cueiros, nacida da consciencia da necesidade de crear un espazo para bebés vinculado a este proxecto. Este ano gañou o Premio Merlín (Xerais) con Unha nova dimensión, a segunda vez na historia do certame que o fai un libro de poesía, que será, ademais, a súa primeira publicación literaria.
María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias (Imaxe: Xerais)
CULTURA

María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, elixidos premios Xerais

As obras cos títulos A culpa, de María Solar, Cicuta para dous, de Rocío Leira, e Unha nova dimensión, de Anxo Iglesias, resultaron gañadoras do XXXIX Premio Xerais de Novela, o XIV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o XXXVII Premio Merlín de Literatura Infantil.

Berta Davila. (Foto: Arxina)
star
Libros

Cristais que fazem espelho

Un elefante na sala de estar narra o processo vivido polas pessoas que constituem o entorno afetivo de Rosa, uma mulher que morre por suicídio. Misturando as estruturas do diário e o policial, a autora coloca as personagens a contar em primeira pessoa como vivem as suas vidas com essa morte carregada nas costas.
Carlos Callón en Compostela, diante da libraría Couceiro (Foto Arxina).
CULTURA

Carlos Callón presenta en Compostela 'O libro negro da lingua galega'

O profesor de Lingua Galega e Literatura e na actualidade docente de Xeografía e Historia en Lisboa presentou en rolda de prensa o seu último traballo. Nel recolle exemplos da represión que padeceu a lingua galega desde 1543.  
Eva Mejuto (Foto Distrito Xermar)
star
Libros: 'Cando leo', de Eva Mejuto e Bea Gregores

A lectura como esperanza

O valor da lectura enunciado como unha forza que nos acompaña nos momentos difíciles, nun ritmo que se achega ao poético e que, como tantas obras que teñen nas crianzas o seu principal público, tamén as persoas adultas poden gozar e apreciar. 
Ledicia Costas (Foto: Plumeria)
star
Libros: 'O neno de lume', de Ledicia Costas

A luz que nos alumea

Unha aventura que, como non podería ser doutra forma, revelará o segredo da orixe do protagonista e da súa propia natureza.
Miro Villar.
star
Libros: 'Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta no exilio mexicano', de Miro Villar

Básicos para maio

Un libro que non se detén no balance biográfico do autor valdeorrés, senón que incide, xa dende o título, na súa característica de exiliado e como esa vivencia inflúe na súa obr
Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega actual (Foto:Nós Diario).
CULTURA

Ledicia Costas: "O deseño dunha obra literaria ten moito de incerteza. Cada libro é un salto ao baleiro"

Ledicia Costas segue colleitando éxitos na literatura para adultos e tamén na infantil e xuvenil. Atende a Nós Diario despois de presentar nunha escola a obra A Señorita Bubble e continúa de xira con Golpes de Luz, ambas editadas por Edicións Xerais. Na conversa defende sen ambaxes a súa traxectoria e o esforzo como único camiño para chegar a compracer o público.
Manuel Rivas.
star
Libros: 'A nena lectora', de Manuel Rivas

A vella Coruña resistente

A brevidade desta peza de Manuel Rivas é unha das súas virtudes e faina encaixar con comodidade no formato de álbum ilustrado.
Berta Dávila e Ledicia Costas.
CULTURA

Berta Dávila e Ledicia Costas, Premios Xerais 2021

O Museo Meirande, Rande-Redondela, acolleu este sábado o anuncio das obras galardoadas. Bérta Dávila gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con 'Un elefante na sala de estar' mais o Xerais de Novela con 'Os seres queridos'. Ledicia Costas levou o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra 'O neno de lume'.

As esculturas que levan as e os premiados. (Foto: Xerais)
CULTURA

'O negociador', 'Seres queridos' e 'Tritón', lemas dos finalistas ao Xerais de Novela

A persoa gañadora darase a coñecer o sábado 11 de decembro.
Manuel Rivas
star
Libros: 'As voces baixas', de Manuel Rivas

O Manuel Rivas máis imprescindíbel

Creo que ningunha persoa que siga a obra deste autor pode prescindir da lectura de As voces baixas, porque resulta fundamental para entender a obra e a figura de Rivas no seu conxunto e nas súas raíces máis profundas
'Unha rapaza de provincias' é a última novela da escritora Cecilia F. Santomé para Xerais. (Foto: Cedida) #xerais #ceciliafsantomé
CULTURA

Cecilia F. Santomé: "Quixen explorar a posición das mulleres dentro do movemento migratorio"

"1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán". Tamén unha Barcelona abafante. Unha cidade "de paso". Eis a presentación d'Unha rapaza de provincias (Xerais, 2021), a última novela da escritora Cecilia F. Santomé. Un tributo a esa emigración galega "interior, en feminino".

Ledicia Costas vén de presentar a nova aventura da saga dos Minimortos (Foto: Plumeria).
CULTURA

Ledicia Costas, escritora: "A morte galega gaña terreo polo mundo!"

Cada primeiro de novembro, os vivos dunha parte do mundo celebran a festa dos mortos mentres que os minimortos festexan... a dos vivos? Mais a que lle teñen medo os minimortos? Conversamos coa súa creadora, Ledicia Costas, neste Día de Defuntos, para saber máis sobre O Día dos Vivos (Xerais, 2021, con ilustracións de Mar Villar), a última entrega da saga dos minimortos. 
Xela Arias Castaño (Foto: Xulio Gil).
star
CULTURA

Entre Baudelaire e Angela Carter, unha ollada á Xela Arias tradutora

Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora (Xerais, 2021) é a primeira obra que pon o foco na faceta tradutolóxica desta autora, homenaxeada co Día das Letras Galegas. Un libro que deita luz non só sobre as traducións de Xela Arias e sobre o seu papel como tradutora e como mediadora cultural, senón tamén sobre a configuración do sistema literario galego desde os 80 até a actualidade. 
 
Un fragmento de 'Astérix e o Grifón'.
Xerais publica, nun lanzamento simultáneo en 17 linguas, a última aventura de Astérix

A aldea gala segue sendo irredutíbel

Asterix e o Grifón é a nova aventura do pequeno heroe galo, editada nun lanzamento simultáneo en dezasete linguas diferentes. O novo álbum incorpora, como é habitual, novas preocupacións que o manteñen en sintonía coa actualidade: a defensa do medio ambiente e o feminismo. 
premios xerais
CULTURA

Un total de 84 obras compiten polos Premios Xerais

Os gañadores nas tres categorías coñeceranse o 11 de decembro.