Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Iniciativa pola Unión fixo público o logotipo de Nós. Candidatura Galega nunha rolda de prensa na que participaron as candidatas ás eleccións primarias abertas.
Retomamos a serie de Tres Anos de Sermos cunha entrevista co poeta Miguel Mato Fondo.
“A Xeración Nós-outr@s” é o título da IV Xornada de Literatura e Ensino organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coa AELG que se desenvolverá o vindeiro 18 de outubro na Cidade da Cultura. O obxectivo, unha mirada en feminino sobre a nosa literatura.
É un día caloroso como o foron o 11 e o 12 de agosto do 75. Localizo a casa que habitaban Lois Ríos e Elvira Souto: rúa Concepción Arenal, 53, 1º. Aquel luns, 11 de agosto, despois do xantar, os dous mozos ábrenlle a porta a outro rapaz que os dous coñecen ben: trátase de Moncho Reboiras. Un pouco máis abaixo, no núm. 45, está a casa pola que Moncho sae á rúa despois de fuxir polos tellados, concentrando nel toda a atención das forzas represivas e axudando así, nun derradeiro acto de xenerosidade, a que os outros dous camaradas poidan quedar libres do cerco policial. Ignoramos en que momento o feriron, en que punto do traxecto alcanzaron o seu corpo os primeiros balazos, mais até o portal do número 27 da rúa da Terra hai un bo treito, un traxecto que Moncho fai xa ferido de morte e con ducias de metralletas seguíndolle o alento.
Todas as mañás, a mesma ceremonia: erguer o corpo aínda durmido, esterricarse, poner os pés nas zapatillas, recoller o cabelo.
Escoller roupa limpa no armario, ducharme, preparar café e ler as noticias na prensa.
Cada día, o mesmo.
Lamentou non ter tido “nais” teatrais mais unha nova xeración de actrices recoñeceuna como a súa “mestra”. A actriz Mabel Rivera foi protagonista da homenaxe da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.
"Un non escribe igual –non pode- logo de ter asimilado as ensinanzas estilísticas de Joyce", di o escritor Xavier Queipo que leva anos centrado na tradución dunha das obras mestras da literatura universal. En novembro a Editorial Galaxia publicará o Ulises, a realización daquel soño que a Xeración Nós encetara, un proxecto que é, para Queipo, o recoñecemento da "modernidade e afouteza" daquel grupo intelectual, en especial, de Otero Pedraio.
O portavoz do BNG Francisco Jorquera amosou a fotografía da equipa Déixennos vivir! Das dez persoas fotografadas só 4 sobreviviron á droga. "Mentres eles morrían, vostede víase co seu executor", espetoulle Jorquera a Feijóo.
Tras unha etapa de esplendor, o sector da animación agoniza marcado pola falta de apoio institucional e a migración de talentos fóra do país.