Presidente da Coordinadora Galega de ONGD
Alejandro Quiñoá: "As relacións cos Gobernos teñen que ser tensas"
24/dec./21
A Universidade de Vigo recoñeceu estes días os 30 anos de traballo internacional a prol dos dereitos humanos da Coordinadora Galega de ONGD. O seu presidente fala para Nós Diario da traxectoria desta organización e das dificultades que teñen que salvar para actuar nun contexto mundial difícil e con escasos recursos.
SOCIAL
Covida: unha APP galega para axudar persoas maiores no confinamento
16/abr./20
A empresa galega de desenvolvemento de software SquareetLabs, con sede en Compostela, vén de poñer en marcha Covida, unha "rede social de proximidade" para prestar axuda a persoas maiores nestas semanas de confinamento. A aplicación permite poñelas en contacto con voluntariado da súa contorna, que atende necesidades de comida, medicamentos ou traslados. Falamos con Jacobo Cantorna, un dos impulsores desta iniciativa, que xa ten máis de 3.500 persoas inscritas a nivel estatal.
SOCIAL
Iria Carreira: "Cómpre organizármonos ante a crise actual e a que vén"
15/abr./20
Na primeira liña da loita contra o coronavirus está Iria Carreira Pazos, médica residente en Santiago de Compostela. Esta arzuá de 28 anos é a portavoz de Varanda Viva e, aproveitando un descanso laboral, atende Nós Diario para dar a coñecer máis polo miúdo esta nova plataforma.
SOCIAL
Varanda Viva: unha rede galega de apoio fronte á pandemia e o mal goberno
14/abr./20
Nace a rede de apoios Varanda Viva, unha iniciativa promovida por traballadoras e traballores que se enfrontan a diario contra a pandemia da COVID-19 co fin de garantir os coidados da poboación.
SOCIAL
Limpeza simbólica, resultados reais
15/out./19
Unha vintena de areais, principalmente da Costa da Morte, son os elixidos para a VII Limpeza simultánea de praias, que promove a asociación ecoloxista Adega e na que participarán 31 centros de ensino e unha ducia de entidades asociativas da Galiza.
Denuncia o grupo de En Marea
“A Xunta emprega o voluntariado para favorecer o lucro privado” nos festivais de música
28/ago./19
O programa SON Voluntario, estabelecido pola Dirección Xeral de Xuventude en colaboración coa Asociación Empresarial de Festivais de Galiza, é, para o grupo parlamentario de En Marea, “unha práctica encuberta para aforrar custos de persoal”. Denunciouno esta cuarta feira a deputada Paula Quinteiro.
Eleccións xerais
Activan unha iniciativa de voluntariado para dar apoio á campaña do BNG
01/abr./19
Baixo o lema Para ter voz propia, un grupo conformado por xente moza vén de presentar unha iniciativa de voluntariado co obxectivo de dar soporte á campaña do BNG nas elección xerais do vindeiro 28 de abril.
SOCIAL
Nace SOS Monte Pindo como proxecto de voluntariado cidadán para recuperar o Olimpo Celta
01/nov./13
Critican o desleixo e incompetencia da Xunta. E chaman a se sumar ao proxecto a todos aqueles e aquelas interesados en “traballar pasiño a pasiño para devolver á vida o Monte Pindo”.
POLÍTICA
A Xunta ofrecerá "programas de voluntariado" á mocidade desempregada
26/mar./13
A conselleira de Traballo e Benestar debullou na súa intervención parlamentar os liñamentos da súa consellaría en materia de creación de emprego xuvenil. A oposición denuncia que fronte a máis do 50% de [email protected] sen traballo Beatriz Mato "ofrécelles un programa de voluntariado para formarse en Europa" e contratos de formación.
SOCIAL
Noite de homenaxe ao voluntariado do Prestige en Pontevedra
17/nov./12
Os Tres Trebóns, a Magnifique Bande dos homes sen medo, Sés e Ruxe-Ruxe, coa condución a cargo dos Regueifeiros Trioliro, lembrarán esta noite o traballo desinteresado de milleiros de persoas na limpeza das praias galegas