Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O Concello de Sada recibe 300 solicitudes en catro días para visitar o Pazo.
A empresa, o maior operador de residencias privadas na Galiza, transmíteles ás familias das persoas usuarias que non está disposta a favorecer as tres visitas semanais ás residencias. Denúnciao a Asociación REDE.
A federación galega REDE pide a Política Social que especifique cando entrará en vigor o acordo ao que chegaron o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas para limitar -mais tamén para garantir- visitas diarias dunha hora e unha soa persoa en todos centros libres de restricións extraordinarias.
O mosteiro de Santa María de Oia eríxese na beira do Atlántico. Declarado Ben de Interese Cultural, sofre importantes deterioracións que deron pé á creación da plataforma SOS Mosteiro de Oia. Desde abril, o propietario non permite as visitas alegando ao seu estado de conservación. Proxéctanse sobre o inmoble un hotel, un centro de talasoterapia e un grupo de vivendas. Un “pelotazo urbanístico”, en palabras do colectivo, nun mosteiro que tamén foi campo de concentración. Escribimos sobre el no Sermos Galiza 268. Eis un extracto.
As formacións políticas que forman o goberno de coligazón en Sada, SadaMaioría, PSdeG e BNG, aprobaron que sexa o concello o organismo encargado de xestionar as visitas ao Pazo de Meirás. Tamén acordaron que se inicie o retorno do pazo a mans públicas. O PP, que defendeu que a familia Franco elixa quen debe xestionar as visitas, abstívose e o Partido Demócrata Sada Popular votou en contra.