violencia machista

Dani Alves, durante o xuízo. (Foto: D.Zorrakino. POOL / Europa Press)
Xustiza

A xustiza deixa Dani Alves en liberdade baixo fianza dun millón de euros

Terá que comparecer semanalmente no Xulgado de Barcelona e entregar o seu pasaporte. Ten orde de permanecer a un quilómetro da vítima

Manifestación o pasado 25 de Novembro en Vigo polo Día Internacional contra a Violencia Machista (Foto: Adrián Irago / Europa Press).
SOCIAL

A Galiza rexistrou en 2023 máis de 20 vítimas de violencia machista ao día, 7,6% máis que en 2022

53,1 mulleres de cada 10.000 sufriu violencia de xénero. Os xulgados de violencia sobre a muller, xulgados do penal e as audiencias provinciais da Galiza ditaron entre xaneiro e decembro en procesos de violencia de xénero 2.415 sentenzas, das cales 1.976, é dicir, 81,8 %, foron condenatorias.

Vista panorámica do municipio de Ribeira. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Investígase como violencia machista o asasinato dunha muller de 25 anos en Ribeira

Sucedeu nunha vivenda de Palmeira, e o home intentaría quitarse a vida despois de cometer o presunto crime.
O acusado de matar co seu coche en marzo de 2022 a Jéssica Méndez, J.C.E.I., durante o xuízo. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
Xustiza

Testemuñas periciais confirman que o acusado de matar a Jessica Méndez chocou contra ela "a conciencia"

Descartan a imprudencia, o descoido ou unha infracción de tráfico, e ven un sinistro provocado "de forma voluntaria".
O acusado de matar co seu coche en marzo de 2022 a Jéssica Méndez, J.C.E.I., durante o xuízo. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
Xustiza

As persoas achegadas de Jessica Méndez confirman a "obsesión" e o "acoso" do acusado de causarlle a morte

A segunda sesión do xuízo contra J.C.E.I. estivo tamén marcada por momentos tensos entre o letrado da defensa e o maxistrado-presidente da sala, que apercibiu en varias ocasións ao avogado por tratar de introducir preguntas declaradas non pertinentes e reconducir os testemuños das testemuñas.
Sede da Audiencia de Pontevedra (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A Audiencia de Pontevedra acolle o xuízo polo crime de Jessica Méndez en Barro

A Fiscalía pide unha pena de 24 anos de prisión por un delito de asasinato con agravante por motivos de xénero.
Catro mulleres vítimas de explotación sexual foron liberadas en Vigo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Catro detidos en Vigo tras ser desarticulada unha organización dedicada á captación e explotación sexual de mulleres

As vítimas, que chegarían a 30, estaban "totalmente controladas" baixo ameazas e "amontoadas en condicións de insalubridade" en pisos de citas.
Unha muller e unha crianza feridas na Faixa de Gaza nun bombardeo israelí en novembro de 2023 (Foto: Naaman Omar / Zuma Press).
8-M

As cifras da barbarie: 9.000 mulleres palestinas foron asasinadas por Israel desde outubro de 2023

Os conflitos armados incrementan as desigualdades de xénero preexistentes, un contexto no que as mulleres e nenas padecen de forma diferencial, e que ten neste momento o seu máximo expoñente na Faixa de Gaza.
O movemento feminista de Compostela durante a manifestación do 8-M do pasado ano. (Foto: Arxina).
star
Análise

Un 8-M ao día

Marga Tojo é xornalista, escritora e comunicadora.
Sede da Audiencia Provincial de Ourense. (Foto: Europa Press).
Xustiza

A vítima dunha violación en Ourense asegura no xuízo que quixo "aparentar normalidade" porque temía pola súa vida

Os axentes de policía que atenderon a denuncia dan por boa a súa versión mentres o acusado defende que o sexo coa vítima, con quen compartía domicilio de forma temporal desde uns días atrás, "foi consentido".

Un mozo buscando material pornográfico no seu ordenador. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Nove de cada dez adolescentes consomen pornografía: así inflúe na formación de actitudes sexistas

Un estudo demostra que a exposición a estes contidos tivo un efecto significativo nas actitudes sexistas, e moitos rapaces afirman tamén que a pornografía influíra nas súas relacións de parella.
Sede da Audiencia de Pontevedra (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A Audiencia de Pontevedra condena a 13 anos de prisión un home que tentou matar a súa parella

É acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa

Vivendas na parroquia de San Cibrao, en Cervo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Investigan un menor por unha agresión sexual a unha nena en Cervo

A vítima foi trasladada a un centro hospitalario para ser sometida a unha exploración médica.
O agora condenado, entrando aos xulgados de Carballo o 1 de xuño de 2022. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Xustiza

11 anos de prisión para un home por tentar asasinar a súa parella e deixala tendida na rúa en Carballo

O acusado parou o vehículo na estrada e, "actuando con total indiferenza cara á integridade da vítima", calquera que fose o resultado, "golpeouna fortemente varias veces na cara". Ademais, saíu do vehículo e propinoulle varias patadas na cabeza.
A Muralla de Lugo (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Detido un home en Lugo por golpear a súa parella contra o volante do coche e arrastrala pola rúa

O home foi levado a dependencias policiais para a instrución das correspondentes dilixencias por un presunto delito de violencia de xénero.
O actor francorruso Gérard Depardieu. (Foto: Kay Nietfeld / DPA)
Xustiza

Quinta denuncia contra o actor Gérard Depardieu por agresión sexual

A vítima, asegura a súa avogada, xa non pode traballar, sofre ataques de ansiedade e estrés pos traumático por unha presunta agresión sexual a mans do actor francorruso en 2021.
O condenado, durante o xuízo, esta quinta feira. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
Xustiza

Multa de 2.280 euros para un home por sobar e bicar reiteradamente a unha camareira sen o seu consentimento

Cando a moza saíu a fumar fóra do estabelecemento, o home seguiuna, agarrándoa pola cintura e sobándoa, e aproximando a súa cara para darlle un bico. Así continuou un tempo, e chegou a coller a moza pola cabeza e bicala. Nun momento dado, meteuse na cociña con ela e continuou os tocamentos, até que un cliente da cafetaría axudou a botalo fóra.
Dani Alves, durante o xuízo. (Foto: D.Zorrakino. POOL / Europa Press)
Xustiza

Dani Alves, condenado a catro anos e medio de prisión por agresión sexual

A Fiscalía reclamara unha condena de 9 anos de cárcere para Alves e a acusación particular, que exerce a denunciante, pedira 12.
Rúa Cibeles de Ourense, onde se produciu o intento de feminicidio. (Foto: Google Maps)
SOCIAL

Un home tenta asasinar a súa parella en Ourense e despois precipítase por unha fiestra

Tanto o presunto agresor como a vítima permanecen ingresados nun centro hospitalario.
Sede da Audiencia Provincial da Coruña.
SOCIAL

Piden 33 anos de cárcere para un coruñés por maltratar, violar e ameazar unha muller coa que convivía

A Fiscalía pide que se lle prohiba achegar ou comunicarse coa vítima durante 45 anos