videoclip

Fotograma do videoclip de 'Pelea'.
CULTURA

Grande Amore - 'Pelea'

O artista Nuno Pico, coñecido no panorama musical como Grande Amore, publica o primeiro adianto de II, que será o seu segundo disco após Grande Amore, o álbum co que se presentou en solitario tras o seu paso como vocalista pola banda Oh! Ayatollah. "Pelea é revolucionaria. Unha catarse. Grande Amore presenta, con sons punk-rock e arranxos electrónicos, aos demos de toda unha xeración. É rexeneradora, necesaria. Denuncia a situación precaria do panorama actual, e a pelexa interna constante para soportala sabéndose parte", explican desde a produtora Ernie Records.

Presentación do programa 'Acordamos'. (Foto: Rafa Estévez)
MEMORIA E HISTORIA

O programa 'Acordamos' recupera a historia da República da Illa de Arousa, a Fraternidade Mariñeira ou os mártires de Sobredo

Unha serie de videoclips a vítimas da represión franquista.
A directora Alba Domínguez combina o seu gusto polos videoclips coa montaxe cinematográfica (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Alba Domínguez: "Os videoclips son un formato moi libre que permite gañar experiencia rapidamente"

Alba Domínguez, cineasta, é a persoa que está detrás dalgúns dos videoclips de Verto, Berto ou, máis recentemente, Ukestra do Medio. Domínguez aborda os procesos de creación, que varían con cada proxecto e equipo, xa que como ela di “os videclips supoñen un esforzo económico bastante grande para os grupos, polo que intentamos optimizar todos os recursos e o tempo o mellor posíbel”.
Rebeliom do Inframundo presenta 'TI'.
CULTURA

Rebeliom do Inframundo - 'Ti'

Ti é o novo sinxelo da banda de rap viguesa Rebeliom do Inframundo, ademais do último adianto do seu próximo álbum, Amor ou barbarie, que sairá o 23 de febreiro. Producida por John Connor (J.CNNR), Ti está xa dispoñíbel en todas as plataformas dixitais: Spotify, iTunes, Amazon Music e YouTube. O videoclip que acompaña esta nova canción é obra de Alberto Lora, baixo a produción de Galunk Producións.
Ortiga & Pili Pampín - 'O galo (Remix)'
CULTURA

Ortiga & Pili Pampín - 'O galo (Remix)'

Sons techno e guaracha colombiana mesturados con música galega popular protagonizan O galo (Remix), o tema que presentan Ortiga e Pili Pampín para achegar á actualidade unha mistura de clásicos de onte "aderezados coa electrónica máis actual", algo inédito até o momento, sinalan desde a súa produtora musical, Ernie Records.

"Ortiga e Pili Pampín levan case un ano rompendo esquemas. E isto é só o comezo. O artista, O Chicho do Funk, unha das mentes máis avanzadas e transversais da música contemporánea, e Pili Pampín, unha das cantantes máis icónicas da música galega, demostraron unha capacidade insólita de retroalimentación entre sons que parecían afastados e que agora xa non poden entenderse por separado", afirman.

Após triunfar coa súa versión 'modernizada' do clásico Eu chorar, chorei, dan unha nova forma ao Galo que Pampín leva anos interpretando nos escenarios. Antón Miranda e Xaime Miranda foron os encargados de crear o videoclip de animación que acompaña esta canción e que está inzado de chiscadelas ao anime dos anos 90.

Fotograma do novo vídeo do grupo de celtic punk. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O grupo Tecor Societário estrea novo videoclip

O grupo de celtic punk Tecor Societário vén de estrear "Vai por vós".
Seso Durán - 'A voz interior'
CULTURA

Seso Durán - 'A voz interior'

O artista musical Seso Durán vén de estrear o seu novo tema, A voz interior.
Xavier Portas - 'Reimaginar o Passado'
CULTURA

Xavier Portas - 'Reimaginar o Passado'

O artista Xavier Portas, natural de Ponteareas, vén de presentar o seu último traballo musical, o disco Cidade da Utopía, que xa está dispoñíbel en YouTube e outras plataformas de reprodución en liña. "Este novo álbum quere dar continuidade ao anterior nunha vertente non tan explorada na música galega: a do new classical ou instrumental de ambiente, e chegar a máis xente dentro e fóra do país", explica.

Con este segundo disco, Portas adéntrase en novas sonoridades, "por veces máis escuras e hipnóticas e que en parte deben máis ao cinema e á música para a escena", apunta. Aliás, a presenza das guitarras é "lixeiramente inferior" nesta nova proposta, "gañando terreo outro tipo de sonoridades, como as voces de coro e orquestra". "A intención é abrir novas saídas á música dentro de formas eclécticas", conclúe o artista.

Monoulious DOP - 'Sábado'
CULTURA

Monoulious DOP - 'Sábado'

Brais Morán e Nasafunk.
CULTURA

Brais Morán & NASAUFUNK - 'Nasaufunk Mameluca'

Tanxugueiras – 'Pano Corado'
CULTURA

Tanxugueiras – 'Pano Corado'

A banda Tanxugueiras, formada polas irmás Olaia e Sabela Maneiro e máis Aida Tarrío, vén de publicar o videoclip do seu novo tema, 'Pano Corado', un "canto ao amor libre e á diversidade", precisaron.
CULTURA

Dios Ke Te Crew - 'Haters'

Ith con MercedesPeón - 'Medo a perder'
SOCIAL

Ith con MercedesPeón - 'Medo a perder'

A banda de rock ITH vén de presentar o videoclip do tema 'Medo a perder', con Mercedes Peón, que "dedica" aos colectivos veciñais contra os 'macroeólicos' para "denunciar o que grandes compañías e multinacionais do sector eléctrico pretenden facer no rural galego, o espolio das nosas terras para colocar macroeólicos de forma indiscriminada e acabar coa vida, a natureza, a paisaxe natural e o sector gandeiro, así como perpetuar a tendencia á despoboación e, en definitiva, sentenciar o futuro do rural de forma irreversíbel", sinala.

"OG", de Dios Ke Te Crew feat. Boyanka Kostova
CULTURA

"OG", de Dios Ke Te Crew feat. Boyanka Kostova

Eis o novo video de Dios Ke Te Crew feat. Boyanka Kostova, "OG".
Deleiba Foto Bandasss
CULTURA

Deleiba presenta o seu rock galego máis "positivo"

A banda de Muros, Deleiba, aposta por un videoclip sobre a positividade e esperanza coa canción "Erguerse"
Midas, novo videoclip de Tanxugueiras
CULTURA

Midas, novo videoclip de Tanxugueiras

Videoclip oficial de 'Midas', o novo single de Tanxugueiras coa colaboración de Fer Peleteiro e Iago Pico na produción.
A Banda da Loba: 'Adondar a lingua'
CULTURA

A Banda da Loba: 'Adondar a lingua'

O tacto da fariña nas mans, o sal na punta da lingua e o arrecendo do fermento. Ver como o aire vai inzando a masa lentamente e o son do lume vai quecendo o forno. Contamos con todos os ingredientes, con toda a sabedoría precisa para coidar desta masa nai que nos foi entregada. Para alimentarnos, para vivir, para sentir: adondemos a lingua.

Con estas palabras presentou a A banda da Loba este novo videoclip nas súas redes sociais. Adondar a lingua é un tema recollido no seu segundo CD, "Fábrica de luz", que a banda publicou en decembro de 2019. A letra desta canción está inspirada nun videopoema de Celia Parra.

Ficha técnica:

Letra e música: A banda da Loba inspirándose no poema "Adondar a lingua" de Celia Parra
Videoclip gravado, editado e dirixido por Celia Parra
Audio gravado e mesturado en Estudios Abrigueiro por Arturo Vaquero
Colaboracións (para o cuarteto de corda): María G. Blanco, Alba Novoa e Margarida Mariño

Verto - Pegadiño a ti (Videoclip oficial)
CULTURA

Verto - Pegadiño a ti (Videoclip oficial)

Novo videoclip do dúo de pop e trap.
#CanciónenManda / A Banda da loba - Centrifugando no curral (Videoclip desde o confinamento)
CULTURA

#CanciónenManda / A Banda da loba - Centrifugando no curral (Videoclip desde o confinamento)

Aquí tedes "Centrifugando no curral", o resultado do experimento realizado en redes sociais durante a corentena #CanciónenManda
Sofía Souto Carballido, no vídeo de "Illas de Sal".
Cultura

Un novo videoclip de Xabier Díaz para "bailar co mar"

"Illas de Sal" constitúe o segundo single de As catedrais silenciadas, un álbum no que Xabier Díaz denuncia o esmorecer do rural.