O herdo do poeta
A política atravesa a vindeira sesión de Poetas Di(n)versos
É imposíbel que a política non atravese, dun xeito ou doutro, a poesía dun autor palestino. É o caso da obra de Najwan Darwish (Xerusalén, 1978), que esta segunda feira, 28 de maio, compartirá escenario na Coruña con Antón Blanco (Vilagarcía de Arousa, 1996), dentro do ciclo Poetas Di(n)versos.
Poesía palestina, dominicana e galega no ciclo Di(n)versos da Coruña
O poeta Antonio Gamoneda (Oviedo, 1931), unha das voces centrais da poesía española contemporánea, compartirá escenario con Dores Tembrás (Bergondo, 1979), autora de referencia entre as últimas promocións de poetas galegas. A sesión, o vindeiro 19 de febreiro na Coruña, será un dos pratos fortes do ciclo Poetas Di(n)versos, que dirixe a escritora Yolanda Castaño.
Antroido na Coruña en versos galegos
Día de Comadres, 22 de febreiro de 1860. Nevaradas que impiden ver chegar os barcos ao porto da Coruña. A praza de María Pita, que aínda non se chamaba así, é unha lameira. O Circo de Artesáns prepara o enterro da sardiña e Francisco de la Iglesia, como xa fixera antes, é o encargado de preparar as coplas que se han dicer no Teatro Principal.
Raiba: Versos de Revolta
Primeira crítica de 2015. Isidro Rajo debrúzase sobre a raiba, a poesía -con pólvora, con magnolias tamén- e a revolta. Hard rock evoluído? Of course. Guitarras intensas. Letras comprometidas. E o directo que promete.
De cunchas a versos, os tattoos en galego bolen na rede
A imaxinación agroma a rente da pel nos tatttoos en galego que está a recibir o facebook do Clube da Lingua do IES Marco do Caballón de Vila de Cruces. Unha iniciativa de grande suceso.
Os versos descoñecidos de Nicolasa Añón, a poeta labrega de Outes
Nicolasa Añón Paz non sabía nin ler nin escribir. Iso non foi impedimento para que a irmá maior de Francisco Añón fose autora dunha obra poética que agora publica a Asociación Cívico-cultural Terra de Outes, en edición de Ramón Blanco.
Irmandade poética galego-chinesa en Poetas Di(n)versos
Versos en galego e en chinés achegan as poéticas de Alfonso Pexegueiro e Ming Di no penúltimo encontro do ciclo “Poetas di (n)versos” que coordina a escritora Yolanda Castaño e se desenvolve no Centro Ágora da Coruña.
Versos pintados no pupitre
Versos pintados no pupitre era o suxestivo título con que as III Xornadas de Literatura e Ensino, organizadas pola AELG, convocaron o pasado 13 e 14 de decembro un auditorio amplo, maioritariamente docente, isto é, profesionais que ofrecen o seu tempo persoal e horario non laboral para a actualización formativa individual orientada á mellora da aprendizaxe colectiva do alumnado.
Poetas convidan nunhas xornadas a levar os versos ás aulas
Poetas como Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Dores Tembrás, Fran Alonso, Antonio García Teijeiro., Carlos Negro ou Antía Otero son algúns dos nomes que integran o programa da xornada “Versos pintados no pupitre” que terá lugar os días 13 e 14 de decembro organizada pola AELG e a AS-PG. O obxectivo, animar a ensinantes para que a poesía chegue ás aulas.
A poesía hebrea e galega danse a man en Poetas Di(n) versos
O segundo encontro da quinta edición de Poetas Di(n) versos irmana no Centro Ágora á poesía galega e hebrea da man de Román Raña e Tal Nitzán. O nova sesión do ciclo coordinado pola poeta e dinamizadora cultura Yolanda Castaño desenvolverase este luns ás 20.30.
Branca Novoneyra e Márcio-André pechan a edición de Poetas Di(n)versos
A galega Branca Novoneyra e o brasileiro Márcio-André poñen o luns día 3 no Centro Ágora o pecho á cuarta edición de Poetas Di(n)versos, o ciclo coordinado por Yolanda Castaño.
Enma Pedreira e a quebequesa Carole David suman versos no Ágora
Versos contra cianuro: carta a Marga Romero, que non puido asistir, pero que está á beira de Corcoesto.
“O nacionalismo galego é a vella fonte da que sempre abrolla auga nova”
Máis un ano as mocidades do BNG homenaxean, o 24 de xullo, ás figuras [email protected] ilustres [email protected]