Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
No terceiro aniversario dos "Venres Negros", o colectivo Defende a Galega afirma que a única mudanza significativa foi "a conciencia dunha cidadanía cada vez máis comprometida".
A CIG anima o persoal a vestir desta cor en demanda dunha modificación da xornada laboral.
Traballadoras e traballadores da Radio Galega repasan, departamento a departamento, o que consideran un deterioro da calidade e das condicións de traballo que se levan producindo nestes anos. “A dirección actual da Radio Galega está desmantelando deliberadamente a emisora pública e afundíndoa a uns niveis que non se recordan nos seus trinta e catro anos de historia”, afirman nun documento ao que tivo acceso Sermos Galiza.
Novo debate entre o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, e os grupos da oposición no Pazo do Hórreo. O executivo comparecía a petición propia para presentar a Memoria de Servizo Público correspondente a 2018. Retratou unha CRTVG saneada financeiramente, xa dixitalizada e con cifras de audiencia que a colocarían, canda a TV3, como a única que superaría "os dous díxitos". A oposición afeoulle basicamente que no seu informe se omitese calquera referencia ao clima social que se vive na compañía, co cadro de persoal a se mobilizar todas as sextas feiras contra a "manipulación informativa".
Alfonso Sánchez Izquierdo, director da CRTVG, puxo de manifesto no Parlamento que non se informou do premio José Couso a DefendeAGalega por unha decisión corporativa. Tachou de mentiras as denuncias de vetos e de manipulación no ente e avisou de consecuencias para as traballadoras e traballadores que difundan esas “mentiras” e para quen se faga eco delas.
A sección sindical da CIG na CRTVG acusa a dirección do ente público de exercer a manipulación e a ocultación da gala dos VI Premios da Música Martín Códax debido ás críticas pronunciadas por premiadas e premiados durante o evento.
A XV edición do Premio José Couso celebrada en Ferrol recoñece a mobilización das traballadoras e traballadores de Defende a Galega contra a manipulación e a censura nos medios públicos.
A través dun burofax, escrito en español, remitido por un bufete de avogados privado, a CRTVG, que conta con asesoría xurídica de seu, diríxese a Sermos Galiza para exixirlle unha rectificación na entrevista realizada a María Xosé Silvar, Ses, mais non desmente a existencia dunha orde interna de non emitir contidos relacionados coa artista que estaban xa programados.
O departamento de Recursos Humanos reenvía ao persoal unha circular sobre normas, comportamento e presenza das profesionais do ente público. Nela indícase que aínda que o xornalista estea fóra de cámara, debe absterse de levar unha indumentaria reivindicativa.
O director xeral da CRTVG reduce a “bulos” as numerosas denuncias de manipulación e represalias por parte das traballadoras e traballadores.
O Telexornal Mediodía do domingo 10 de febreiro dedicou 12 minutos e 45 segundos de información á manifestación españolista en Madrid e tres minutos con 43 segundos á de Compostela en defensa da sanidade pública. O desequilibrio na cobertura atinxiu todos os campos: na escolla de declaracións, nos planos, nas explicacións en off.
Un xornalista da CRTVG foi retido a pasada semana no aeroporto de Caracas durante cinco horas. Regresaba de Venezuela e as autoridades daquel país detectaron que “non cumprira cos requisitos legais para desenvolver esta actividade profesional en moitos países do mundo”. Para o comité de empresa, que denuncia esta situación nun comunicado, trátase “dunha irresponsabilidade dos xestores da CRTVG”.