star
ECONOMÍA
A desregulación das rebaixas e a inflación prexudican as vendas do pequeno comercio
17/feb./23
Un estudo da entidade de crédito Cetelem sinala que a baixada das vendas na Galiza no actual período de rebaixas chega a 52%. Ao respecto, o sector do pequeno comercio coincide en sinalar que a falta de regulación das rebaixas está provocando a incapacidade para competir cos continuos descontos por parte das grandes superficies e reclama solucións urxentes para asegurar o seu futuro.