Que está a ocorrer no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal?
Valle-Inclán deseñador
Valle-Inclán revolucionado
De “traxicomedia de aldea” -como subtitulou o seu autor- a “traxicomedia da aldea global”. Eis a síntese da viaxe á que o Centro Dramático Galego somete un dos máis celebrados, e crueis, esperpentos de Valle-Inclán, o tamén rebautizado Divinas Palabras Revolution. Estréase esta quinta feira, 12 de abril, no Salón Teatro de Santiago.
Chega a estrea de 'Martes de Carnaval', o Valle do CDG
Despois d'A cabeza do Dragón' de Quico Cadaval, que esconxurou cun grande éxito o malfado do teatro galego con Valle-Inclán, o CDG estrea esta quinta feira no Salón Teatro 'Martes de Carnaval', a súa aposta polo clásico arousán que dirixe Marta Pazos.
"O Centro Dramático Galego é unha aparencia, porque non ten autonomía artística"
Quico Cadaval (Ribeira, 1970) vén de encher o Teatro Principal de Santiago durante tres días con A cabeza do dragón (Producións Teatráis Excéntricas), a primeira obra de Valle Inclán adaptada ao galego. Ten por diante unha intensa xira que levará o espectáculo por cidades e vilas do país e por Portugal. A acollida resultoulle satisfactoria. Admite estar aínda “esperando críticas".
A estrea de "A cabeza do dragón". Valle-Inclán tamén acouta en galego
Xaquín Núñez Sabarís achéganos unha crítica da representación de A cabeza do dragón, o primeiro Valle-Inclán en galego, unha farsa que se estreou o 3 de marzo da man de Producións Teatrais Excéntricas, con Quico Cadaval á fronte.
Chega a estrea de ‘A cabeza do dragón’, primeira obra de Valle-Inclán representada en galego
Esta sexta feira chega a primeira representación de Valle-Inclán en galego, como consecuencia da liberación de dereitos e, polo tanto, a extinción da prohibición da familia. As funcións de 'A cabeza do dragón', dirixida por Quico Cadaval, serán os días 3,4,5,9,10 e 11 de marzo no Teatro Principal.
"É lamentable que teñamos que agardar a que se extingan os dereitos para que se poida facer en galego"
Quico Cadaval será o primeiro en rachar o malfado da obra de Valle-Inclán co galego ao dirixir 'A cabeza do dragón', a primeira montaxe do arousán na nosa lingua que se estreará o 3 de marzo en Compostela. O 1 de xaneiro expira, coa liberación dos seus dereitos, a prohibición da familia de representarse en galego, euskera e catalán.
Quico Cadaval dirixirá o primeiro Valle en galego, 'A cabeza do dragón'
A compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea en o 3 de marzo en Compostela o primeiro Valle-Inclán en galego, unha farsa titulada 'A cabeza do dragón', que percorrerá toda Galiza e tamén se representará en Portugal. Adiántase así á estrea do CDG de dúas pezas do arousán, prevista para o 31 de marzo.
Agora si Valle-Inclán
O 2017, 151 aniversario do seu nacemento, si vai ser o auténtico ano Valle-Inclán grazas á liberación de dereitos de autor que deixa sen valor a prohibición da familia de ser representado en galego. Así que o autor arousán será a estrela das táboas neste ano que entra. Deixamos un extracto da reportaxe que publicamos ao respeito no Sermos Galiza 227.
Críticas pola escasa produción do CDG para 2017
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de publicar un comunicado no que amosa a súa inquedanza e decepción diante programación para 2017 que vén de presentar o CDG.
Unha vez liberado Valle-Inclán para o galego, o CDG leva a escena dúas pezas do autor
2017 é o ano da liberación de Valle-Inclán para as linguas non maioritarias deste Estado. E o CDG celébrao levando a escena as pezas ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’.
150 aniversario sen Valle en galego
A Xunta vén de presentar as actividades do 150 aniversario de Valle-Inclán, cunha extensa programación por todo o país, pero sen abordar un dos retos pendentes da cultura galega: representar a Valle en galego.
Valle-Inclán non poderá representarse en galego até 2017
O pasado 5 de xaneiro fixéronse 80 anos do pasamento de Ramón Valle-Inclán, pero a súa obra non se libera, segundo a lei, até o 1 de xaneiro do ano seguinte. Cóntanolo o actor, director e dramaturgo Cándido Pazo, quen afirmou que este será o ano da “desamortización valleinclanesca”, aludindo á prohibición dos seus descendentes de representalo en galego, euskara e catalán.
A Consellaría de Traballo, xulgada por malversación na residencia Valle-Inclán
O xulgado de instrución nº3 de Compostela admitiu a trámite a querela presentada pola CIG. A Fiscalía pide a inhabilitación dos xerentes da residencia.
A residencia Valle-Inclán continúa sen acatar as sentenzas de readmisión das traballadoras
O xerente da residencia de [email protected] sita en Vilanova de Arousa recibiu con insultos ás traballadoras que exixen a recuperación dos seus postos de traballo de acordo co fixado por máis dunha ducia de sentenzas xudiciais. Vídeo no interior.