Caballero encadra en "rumores" e "informacións sen suxeito" as presións para que deixe a portavocía parlamentaria
O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, encadrou en "rumores" e "hipóteses" procedentes de "informacións sen un suxeito detrás" as supostas presións para que dea un paso ao lado e abandone o seu cargo á fronte do Grupo Socialista no Cámara galega.