Os resultados de Andalucía abren fendas en PP e UPyD
Rosa Díez non demite após o fracaso en Andalucía e abre unha grave crise na formación maxenta. No seo do PP aumentan as voces críticas, como a o do ministro Margallo.
Rosa Díez non demite após o fracaso en Andalucía e abre unha grave crise na formación maxenta. No seo do PP aumentan as voces críticas, como a o do ministro Margallo.
Consúmase a exclusión do BNG nos espazos informativos da TVG. A Xunta Eleitoral Central estima parcialmente o recurso de UpyD e entende que o BNG non se presentou ás eleccións en 2009. Ou sexa: a XEC actúa co criterio de que Ana Miranda non existiu como parlamentaria. O BNG convoca un acto de protesto esta cuarta feira no Obradoiro (12 h).
Nos spots gratuítos, a formación liderada por Rosa Díaz terá máis cobertura nos medios públicos galegos que o Bloque, 15 minutos fronte ao 10 minutos da fronte nacionalista para toda a campaña. Un ''atraco democrático'' en palabras da candidata Ana Miranda. Vídeo no interior do espazo do BNG.
"Ana Miranda non existe", é un ente de ficción, chegou a brincar o BNG ante o recurso de UPyD, que argumentaba que a formación nacionalista non obtivera representación en 2009.
PP, Ciutadans e UPyD denunciaron á organización do simposio España contra Catalunya, no cal participaron máis de 100 [email protected], por alentar a "hispanofobia" e facer "pedagoxía do odio e da violencia".
Esta semana pasada vimos a Rosa Díez afirmar rotunda e con moita seriedade, durante a clausura do congreso do seu partido, que volveu escollela secretaria xeral, que a súa formación ten que ir mentalizándose para, así o dixo, "gobernar España", é dicir, para gobernarnos a todos e a todos, incluso aos que non nos sentimos parte de España.
O preso independentista ten unha conta en twitter, @ArnaldoOtegi, que xestionan compañ[email protected], [email protected] e [email protected] [email protected] non poden ter celular, nin ordenador nin acceso a internet