UMG

Iria Carreira, Néstor Rego, Montse Prado, Rubén Cela e Bieito Lobeira, da dirección política da UPG (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Apelan a recuperar os valores de Reboiras no 47 aniversario do seu asasinato

A memoria de Moncho Reboiras segue máis viva do que nunca. Así se evidenciou esta sexta feira con diversos actos de homenaxe en Dodro, Ferrol e Fene para lembrar o que foi un dos últimos asasinados políticos pola ditadura franquista. Na fin de semana tamén haberá varios actos de lembranza da súa figura.
Iria Carreira, nova secretaria xeral da UMG (Nós Diario)
POLÍTICA

Iria Carreira escollida Secretaria Xeral da Unión da Mocidade Galega

A Unión da Mocidade Galega desenvolveu o seu XVIII Congreso de maneira telemática e elixiu como nova Secretaria Xeral a Iria Carreira, que substitúe a Paulo Ríos á fronte das mocidades da UPG.

Paulo Río Santomé, Secretario Xeral da UMG
XVII Congreso

Paulo Ríos, novo secretario xeral da UMG

O Centro Social Leste de Pontevedra acolleu durante o sábado o XVII Congreso da Unión da Mocidade Galega, organización xuvenil da UPG. Unha cita que concluíu coa elección do novo secretario xeral, Paulo Ríos Santomé, que substitúe Adrián R. Bravo.

AdriánRBravo (1)
Adrián R. Bravo ante o 40 aniversario da UMG

“Cada vez máis xente moza quere dar un paso adiante e tomar a palabra”

O Centro Social de Fontiñas acolle esta sexta-feira ás 20 horas o acto central polo 40º aniversario da Unión da Mocidade Galega -as mocidades da UPG. Este suporá o broche final á batería de eventos de socialización e divulgación organizados pola UMG, que prepara o seu XVII Congreso para o próximo mes de marzo.

XVI Congreso da UMG
MOCIDADES DA UPG

A UMG elixe Adrián Bravo como novo secretario xeral no XVI Congreso

Bravo é membro do Consello Local e Comarcal do BNG en Vigo, delegado sindical pola CIG e fai parte da permanente de Galiza Nova. Aposta por reforzar o papel da UMG como referente da mocidade nacionalista.

Xacobe García, UMG
POLÍTICA

Xacobe García, novo secretario-xeral da UMG: “Temos que sacudirnos o po"

Xacobe García Souto foi electo no XV congreso da Unión da Mocidade Galega (UMG) novo secretario-xeral. De Ribadavia e estudante de Bioloxía na USC, sinala que é un máis das 15 persoas que compoñen o Comité Nacional da UMG, e que procuran meter “ilusión” pola soberanía na mocidade

UMG
POLÍTICA

A UMG quere contribuír ao reforzamento de Galiza Nova como organización xuvenil referencial da mocidade galega

Este domingo decorrerá o XV Congreso da Unión da Mocidade Galega, a organización xuvenil da UPG. O lema escollido para a mesma é “Sumando enerxías cara a unha Galiza soberana”.