TVG

Imaxe de arquivo da sede da CRTVG. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Un Xulgado tomba a demanda do traballador da TVG que denunciara acoso por ser homosexual

O Xulgado do Social número 3 de Compostela vén de desestimar a demanda presentada polo traballador da TVG Fito Ferreiro pola “situación de acoso” que, segundo CCOO e Alas A Coruña, “leva sufrindo desde hai anos pola súa actividade sindical, política” e “de forma especial por ser homosexual”.

...até que só desejas que morra Flanders

Sánchez Izquierdo, no Parlamento, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O director da CRTVG xustifica a supresión de desconexións locais en base á competitividade

Exixen restituír os informativos de proximidade no ente público.
Detalle da campaña en redes sociais da plataforma SOS ficción en galego.
SOCIAL

Profesionais do audiovisual lanzan un SOS: "Non deixes morrer a ficción en galego"

Traballadores e traballadoras do sector audiovisual da Galiza instan a TVG a mudar as súas políticas e a protexer a ficción en galego.
O humorista, guionista e locutor Carlos Jiménez (Foto: Defende a Galega).
SOCIAL

Visto para sentenza, con "boas sensacións", o xuízo do locutor Carlos Jiménez contra a CRTVG

Jiménez levara os medios públicos ante a Xustiza após ser sancionado por unha suposta "incompatibilidade" no seu contrato, algo que a CUT cualifica de "represalia" pola súa defensa activa do movemento Defende a Galega.

Sospeitosos habituais

A nova xornada de folga na CRTVG afecta a emisión duns programas máis emblemáticos da televisión pública.
Caderno de Verán

O verán de... Xosé Ramón Gayoso: "Nada de Canarias, o mellor verán está aquí!"

No 'Caderno de Verán' falamos co popular presentador da TVG.
O director xeral da CRTVG compareceu onte no Parlamento (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Críticas á CRTVG por non investir o seu superávit

“Non usan o superávit para recuperar programas senlleiros como O Agro, nin para principiar a creación da canle Xabarín, nin para mellorar o uso do galego  nin para avanzar na independencia informativa", reprochan ao director xeral da CRTVG.
Maite Ferreiro, con Manuel Fernández (Foto: Deputación de Lugo).
CULTURA

O legado de Xela Arias, tamén na pequena pantalla

A TVG emite hoxe ás 15.15 horas o documental 'Vencerse é cousa de se tratar', que ten como fío condutor a creación do mural de Xela Arias que loce en Sarria, na rúa que leva o nome da autora, a carón da capela de San Lázaro.
Recollida de sinaturas en Ourense a prol da iniciativa Xabarín. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

A TVG contará cunha canle temática infantil e xuvenil

A iniciativa Xabarín recibe o aval unánime da Cámara galega. A proposta chegou ao Parlamento despois de superar as 33.000 sinaturas recollidas pola Mesa pola Normalización Lingüística.
Ilustración do Xabarín Club realizada por Kiko da Silva.
LINGUA

A TVG aproveita a fama da campaña da Mesa sobre o Xabarín para medrar en Tik Tok

A televisión galega lanza o 'Tag da Xeración Xabarín' na súa canle nesta plataforma e convida usuarias e usuarios a facer dúos. No entanto, non forneceu ningunha resposta pública á iniciativa popular para lanzar unha canle 24 horas de debuxos en galego.

Do autoodio á autoinmolación

sanchez izq
SOCIAL

Sánchez Izquierdo carga contra o “clip represor” de sindicatos da CRTVG por pedir a anulación do Land Rober

O director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, defendeu o Land Rober en sede parlamentaria ante o episodio machista que abeirou o 8 de abril. Lamentou que o programa fose “deostado” froito “dun erro” e cargou contra “responsábeis sindicais” por reclamaren a cancelación do citado espazo televisivo, un dos máis exitosos da TVG.

CRTVG Cayetana
SOCIAL

A CRTVG xustifica na “cortesía” a entrevista en castelán da que presumiu Cayetana Álvarez de Toledo

O director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, defendeu esta sexta feira no Parlamento a polémica entrevista realizada en castelán a Cayetana Álvarez de Toledo, deputada do PP en Barcelona, con motivo das eleccións madrileñas. Cualificou a relevancia da popular de “absolutamente indiscutíbel”.

Roberto Vilar, presentador do Land Rober.
POLÍTICA

A Xunta reduce a "erro" o episodio machista no 'Land Rober'

A conselleira de Igualdade di que o episodio machista acontecido no programa da TVG Land Rober estivo "totalmente desacertado" ao non saberse "recoñecer un caso de control", cuestión que reduciu a un "erro". O BNG responde que non foi un "erro”, xa que o programa non era en directo, "foi gravado e editado".

Cousas da casa

A Galega

LAND ROBER
SOCIAL

Roberto Vilar, no 'Land Rober' seguinte ao do episodio machista, "non imos permitir que a comedia pague os nosos erros"

“Ás veces temos graza, ás veces temos menos e outras veces non temos ningunha graza. E isto foi o que pasou o xoves pasado. Fallamos de principio a fin”. Con estas palabras arrancaba na noite da quinta feira o programa da TVG Land Rober, o seguinte emitido após o episodio machista.

Roberto Vilar, presentador do Land Rober.
SOCIAL

O Comité Intercentros da CRTVG pide a retirada do programa Land Rober por un caso de violencia machista

O Comité Intercentros da CRTVG exixiu na tarde da sexta feira a retirada do programa Land Rober, após “a espectacularización e tratamento morboso que se fixo dun caso de acoso”.

"Estamos fartas de que nos violenten", reza o lema da Marcha Mundial das Mulleres que acompaña esta imaxe.
SOCIAL

Denuncian un episodio de violencia machista no programa 'Land Rober Tunai Show' da TVG

O movemento feminista galego censura nas redes sociais o programa da televisión pública 'Land Rober Tunai Show' polo episodio de violencia ao que someteu unha muller na emisión desta pasada quinta feira ao favorecer que se encontrase cun ex-compañeiro baixo a premisa de "facer triunfar o amor" malia afirmar desde o primeiro que non ía volver con el.