TVG

Concentración de traballadoras e traballadores dos medios públicos diante do Parlamento. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

Nova protesta do persoal da CRTVG diante do Parlamento

Continúan as protestas das e dos traballadores da corporación exixindo a fin dos "abusos" e da "manipulación".
Concentración do cadro de persoal da CRTVG o pasado 6 de marzo. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

O persoal da CRTVG prepara dúas novas xornadas de folga e protestas

O comité intercentros chama a participar da campaña de actos reivindicativos que continúa esta sexta feira e o sábado e que inclúe novos paros.
Tiago Alvite (á esquerda) ante o Consello de Contas esta sexta feira (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A CIG reclama ao Consello de Contas que revise os contratos da CRTVG con Overon

A sección sindical da CIG remitiu ademais un escrito á Dirección Xeral, o pasado 9 de marzo pondo no seu coñecemento un “posíbel incumprimento contractual” sen obter resposta algunha, segundo indican desde o sindicato nacionalista.
A asemblea de traballadores e traballadoras da CRTVG decorreu no exterior das instalacións. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

A oposición acusa a CRTVG de "represaliar traballadores"

O cadro de persoal convoca novas xornadas de paro.
Unha das accións de protesta do persoal da CRTVG nas instalacións de San Marcos, en Compostela. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

O comité intercentros da CRTVG prepara novas protestas "contra os abusos laborais e a manipulación informativa"

Está convocada para esta segunda feira unha nova asemblea do persoal no exterior das instalacións de San Marcos, após impedir a dirección a xuntanza no interior logo da folga do pasado 6 de marzo que logrou "baleirar as redaccións".
O presidente do comité, Tiago Alvite, da CIG. (Foto: Arxina)
Folga na CRTVG

Tiago Alvite: "Consideramos que os servizos mínimos da CRTVG son abusivos, polo que pensamos recorrer pola vía xudicial"

O Comité Intercentros da CRTVG convocou unha folga para esta segunda feira baixo o lema "Non máis abusos na CRTVG". 'Nós Diario' conversa co seu presidente e sindicalista da CIG, Tiago Alvite, para coñecer as razóns da protesta.

Fragmento do filme 'Fíos sen tecer de Kashi'.
CULTURA

O Himno Galego, en versión 'Bollywood'

O programa 'Atrápame se podes' da TVG tivo esta terza feira un grande e inesperado protagonista. O concursante Basilio Camiña, natural de Meaño, narrou ante as cámaras como participou hai catro anos nun filme indio, Fíos sen tecer de Kashi, cunha particular interpretación do Himno Galego tocado con trombón. O xornalista Marcus Fernández recuperou o trailer da película no que aparece este fragmento e compartiuno nas redes sociais, que celebraron a descuberta.

Fonte: Marcus Fernández

Furgoneta da empresa Overon (Foto: CIG)
SOCIAL

A CIG denuncia que a TVG subcontrata a súa unidade de directos a pesar de contar cunha propia

Desde a CIG apuntan que “actualmente só están a traballar para a TVG dúas unidades de directos, subcontratadas á empresa Overon, xunto cunha vía de reserva por mochila 4G e o segmento espacial asociado, por un importe que supera o millón de euros”.
Sede central da CRTVG en San Marcos (Santiago de Compostela) #tv #televisión #radio #crtvg #tvg #radiogalega #xornalismo (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

A CIG denuncia a "dirección ilegal, nomeada a dedo e autoritaria" da CRTVG

"É nomeada segundo criterios de afinidade persoal ou ideolóxica, coa finalidade de asegurar a manipulación dos contidos informativos e converter a CRTVG nun gabinete de propaganda ao servizo da Xunta e o PP", apunta o sindicato, que acusa os altos cargos da corporación de "negar dereitos e reprimir" o seu persoal.
Redacción da CRTVG nos estudos de San Marcos, en Compostela. (Foto: CRTVG)
Xornalismo

O comité da CRTVG denuncia represalias a un xornalista por "negarse a manipular"

Un redactor con case 25 anos de experiencia na Radio Galega foi desprazado ao programa 'Galicia Noticias' da TVG, segundo o comité intercentros da corporación, por negarse a modificar unha información sobre o IPC de xaneiro que "non tiña datos erróneos". Ven este episodio como "unha clara represalia" contra o xornalista, "crítico coas prácticas de manipulación na CRTVG".
Nava Castro e Rafa Martínez. (Foto: PP)
POLÍTICA

Da lavadora á política: o cantante d'O Caimán do Río Tea ficha polo PP de Ponteareas

Rafa Martínez será o número dous da candidatura que encabeza Nava Castro.
Sánchez Izquierdo, no Parlamento, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O Parlamento debate se desvincular a designación da Dirección Xeral da CRTVG do Goberno galego

A iniciativa, impulsada polo BNG, insta a promover a selección dos membros do Consello de Administración a través dun pocedemento de concurso público.

Merlí

A TVG e nós

Marcial Dorado e Feixoo. (Foto: El País)
SOCIAL

Así se 'coou' na TVG a foto de Feixoo con Marcial Dorado

A TVG non emitiu o pleno do Parlamento que debateu en 2013 sobre a relación do presidente da Xunta e o narcotraficante alegando que non tiña "encaixe" na programación, mais a corporación non puido evitar que aparecese nas cámaras, da forma máis inesperada, esa fotografía.
Profesionais de Defende a Galega foron represaliados por participar na iniciativa. (Foto: Defende a Galega)
SOCIAL

200 venres negros na CRTVG denunciando a manipulación informativa e a censura

Durante case catro anos, profesionais da Corporación de Radio e Televisión da Galiza reclaman cada sexta feira, ataviadas con camisolas negras co lema Defende a Galega, que a cadea cumpra a Lei e se comporte como un verdadeiro medio público. A súa loita levou a iniciativa a facerse co premio José Couso para a Liberdade de Prensa.
O programa 'Atrápame se podes' é unha produción de Voz Audiovisual (Foto: CRTVG).
LINGUA

Critican a escasa presenza do galego no programa da TVG 'Atrápame se podes': "40 cancións e as 40 en castelán"

Os Estatutos da CRTVG sinalan que debe "promover e difundir a cultura e identidade da Galiza", así como "contribuír ao uso e o coñecemento da lingua galega".
A billarda chega á Televisión da Galiza (Foto: LNB).
UNKNOWN

A Televisión Galega retransmitirá encontros ao vivo de chave e billarda

O primeiro será a Supercopa o vindeiro 26 de marzo
Plató da CRTVG (arquivo).
SOCIAL

Comité denuncia 10 minutos en negro nunha transmisión deportiva na TVG por un sistema de retransmisións “obsoleto”

“Despois dun custoso proceso de dixitalización das redaccións as retransmisións fanse con tecnoloxía obsoleta ou recursos barateiros”, afirma o Comité intercentros da CRTVG.

chegar a casa
LINGUA

'Chegar a casa': coprodución para a TVG-RTP onde os portugueses falan portugués e os galegos... castelán

Así se denuncia no Portal Galego da Língua. 'Chegar a casa' é unha serie de 20 episodios que xa se emite na televisión portuguesa e está á espera de se emitir na galega.