TVG

O 'Xabarín Club' acompañou durante anos as merendas da rapazada galega. (Foto: S. G.)
Reportaxes

O fenómeno audiovisual e sociolóxico do Xabarín Club, 30 anos despois: queda alguén aí?

Xabarín faise vello. O vindeiro 18 de abril fará 30 anos ininterrompidos presentando un programa que transcendeu da pantalla e deu nome a toda unha xeración. Hoxe, aínda que non todo o mundo o sabe, o 'Xabarín Club' aínda existe e, se ben dispón de cada vez menos tempo e recursos e non recibe o trato que lle correspondería a un exitoso veterano coma el, está a piques de alcanzar a cifra redonda dos 150.000 socios e socias. Tres décadas despois de irromper nos televisores de todo o país para mudar para sempre o concepto de programación infantil cabe preguntarse: que queda daquel Xabarín? Le a reportaxe completa comprando nos quiosques o semanario Sermos Galiza deste sábado 13 de abril.
O porco máis bravo da televisión leva tres décadas en antena. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

A TVG 'celebra' o 30 aniversario do Xabarín Club... suprimindo a icónica faixa da merenda

As series da tarde pasarán a vindeira semana, cando o Xabarín fará 30 anos, ás 9 horas da mañá, segundo puido saber 'Nós Diario'.
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

O 30 aniversario do Xabarín Club, Marta Lado e Moncho Valcarce, no 'Sermos Galiza' do sábado

Neste novo número do semanario, á venda este sábado 13 de abril por 3,20 euros xunto ao xornal 'Nós Diario', entrevistamos a actriz Marta Lado, abordamos a evolución do Xabarín Club e falamos do legado de Moncho Valcarce.
APERTURA entrevista
star
Entrevistas

Eva Veiga: a palabra resistente

Eva Veiga (Ombre, Pontedeume, 1961) acaba de ser recoñecida pola Academia Galega de Audiovisual co premio de Honra Fernando Rey polo traballo realizado nos albores da TVG. O seu foi un dos cinco primeiros rostros cos que se familiarizou a audiencia da canle pública e aínda que unha leucemia e os problemas de visión que lle provocou o tratamento a afastaron das cámaras, seguiu sempre vinculada á comunicación a través da poesía, a música ou o cine. Proba da súa mestría coa palabra foi o discurso, tan vindicativo como emotivo, que ofreceu na gala. Inesquecíbel.
A senadora do BNG, Carme da Silva (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG pide a "solidariedade" do Senado co persoal da CRTVG

Carme da Silva sacou a colación no pleno a situación dos medios públicos galegos na moción en defensa sobre a liberdade de prensa.
O divulgador Rogelio Santos Queiruga, vetado pola CRTVG. (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Non colaborar

Xosé Henrique Costas é catedrático de Filoloxía Galega da UVigo.
Rogelio Santos alerta da caída da actividade na ría de Muros e Noia. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A TVG prescinde das colaboracións de Rogelio Santos "por criticar a xestión da Xunta"

Logo de dous anos participando en programas de diferentes formatos, o mariñeiro deixou de recibir chamadas por parte da corporación de radio e televisión públicas, algo que Santos confesa sentir como “un alivio”.

Mobilización do persoal da CRTVG en San Marcos, esta sexta feira. (Foto: Defende a Galega)
Xornalismo

300 Venres Negros, "300 razóns para votar a quen te respecte e botar aos que argallan na manipulación sectaria"

O persoal da CRTVG alcanzou esta sexta feira a semana número 300 de protestas contra a "manipulación" e a "censura" nos medios públicos.

Venres Negros

Sede central da CRTVG en San Marcos (Santiago de Compostela) #tv #televisión #radio #crtvg #tvg #radiogalega #xornalismo (Foto: Nós Diario)
18-F

A TVG emite a entrevista con Ana Pontón á mesma hora do debate na TVE

O BNG solicitou mudar o horario da emisión da entrevista, mais a televisión pública non atendeu a petición.

A xornalista Eva Veiga. (Foto: Alfonso Costa)
CULTURA

A xornalista Eva Veiga, premio de honra Fernando Rey por "facer posíbel unha televisión pública comprometida"

A xornalista e poeta Eva Veiga, nada en Pontedeume en 1961, desenvolveu unha intensa carreira profesional como xornalista e comunicadora na programación cultural da TVG desde a súa primeira emisión en 1985.
López Carballeira CRTVG-2
18-F

A oposición cuestiona a escolla de Alejandro López como moderador do debate electoral da CRTVG

O subdirector de Informativos da CRTVG está a ser investigado por presunto delito de acoso laboral.

Residencias e debates

O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, nunha recente comparecencia no Parlamento da Galiza. (Foto: Arxina)
TRABALLO

Denuncian un novo caso de "represalias" na CRTVG contra un redactor

Unha sentenza declarou traballador indefinido o redactor David Fernández, mais a Corporación optou por indemnizalo e despedilo no canto de readmitilo. A ollos do comité intercentros da CRTVG, esta decisión é unha represalia "clara, indignante e intolerábel" por acudir en calidade de testemuña ao xuízo polo "traslado forzoso" de medio doutros compañeiros e compañeiras.
O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, no Parlamento da Galiza o pasado maio. (Foto: Arxina)
Xustiza

Tres directivos da CRTVG declaran esta cuarta feira nos xulgados de Compostela por un posíbel delito de acoso laboral

Alfonso Sánchez Izquierdo prestará testemuño o vindeiro 22 de febreiro.

Alfonso Rueda, no acto do PP deste domingo na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
18-F

O PP limita a presenza de Rueda ao debate da TVG pero asegura que o presidente "non se esconde"

Paula Prado esgrime que só se "acordou" a cita do 5 na televisión pública galega e que os seus rivais non aceptaron a súa oferta de cara a cara.

Redacción da CRTVG nos estudos de San Marcos, en Compostela. (Foto: CRTVG)
18-F

Maior cobertura da TVG, recuperar a toponimia galega e fomentar a lingua: as demandas da veciñanza do Bierzo

O colectivo Fala Ceibe chama a ampliar e garantir a retransmisión da televisión pública da Galiza en toda a comarca.

Marche

No centro, Gonzalo Pérez Xácome, esta quinta feira na presentación dos Entroidos 2024 de Ourense. (Foto: G. P. X.)
18-F

A Xunta Electoral deixa Democracia Ourensá fóra dos espazos electorais gratuítos en medios públicos

A formación de Xácome tampouco estará no debate da CRTVG.

Extracto do vídeo publicitario do PP emitido no Telexornal da TVG. (Foto: TVG)
18-F | Vídeo

Nova polémica na TVG tras dedicar dous minutos a falar do Rueda "máis próximo" e "educado con bos valores"

"Os vídeos 'cuquis' dos outros partidos non os vimos, non?", censuran desde a CUT.