Agora
O Ministerio atrasa a chegada dos trens Avril até o próximo outono
18/maio/23
A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, fixou esta quinta feira para "outubro ou novembro" a chegada dos trens Avril á Galiza. Preguntada ao respecto nun acto en Ferrol, no que acompañou o alcalde e candidato do PSOE á reelección, Ángel Mato, a ministra lembrou que Talgo notificou e fixo público un atraso na entrega destes trens que inicialmente estaba previsto que entrasen en funcionamento na no país no verán do 2022. "Esa é a información que temos", resolveu Sánchez.
Agora
Detido un veciño de Culleredo por esparexer gas pementa dentro dun autobús
11/maio/23
A Garda Civil detivo un veciño de Culleredo (comarca da Coruña) como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e outro de lesións, por esparexer gas pementa no interior dun autobús o pasado 24 de abril. Segundo informa o Instituto Armado, ocorreu nun autocar que cubría a liña A Coruña-Carral e o condutor viuse obrigado a deter a marcha e desaloxar os viaxeiros en Vilaboa. Algúns deles, de feito, sufriron lesións leves e precisaron asistencia sanitaria por irritación de ollos e gorxa. Dado que o autor dos feitos fuxiu ante a inminente chegada da Policía Local de Culleredo, a Garda Civil iniciou unha investigación para identificalo. A través de recoñecementos practicados a testemuñas prexudicadas, o Instituto Armado conseguiu dar co responsábel.
POLÍTICA
As usuarias do bus urbano na Galiza aumentaron 19% e xa abeiran os 51 millóns
08/maio/23
En 2022 o transporte urbano na Galiza rexistrou 50.768.000 persoas usuarias, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, cifra que supuxo 19% máis que o ano anterior. Bonificacións e descontos incentivaron o uso dun medio indispensábel nas cidades galegas.
Transporte
O novo abono gratuíto de Renfe entrará en vigor o 1 de maio: así podes socilitalo
26/abr./23
Os novos títulos terán validez até o 31 de agosto, e os vellos quedarán sen efecto o próximo 30 de abril.
Mobilidade
Reaberta a liña Santiago-Ourense nunha xornada con novos atrasos entre A Coruña e a capital
25/abr./23
Os primeiros trens do día na liña A Coruña-Santiago rexistraron atrasos medios de 25 minutos por mor dunha incidencia en Cerceda, no mesmo día en que volveu operar con normalidade o traxecto entre a capital do país e Ourense após tres días de obras.
TRABALLO
27 e 28 de abril: folga de transporte de viaxeiros en toda a Galiza
15/abr./23
A folga será indefinida a partir do 8 de maio se non se atende as demandas.
Xustiza
O Concello de Ourense deberá indemnizar con outros 2,3 millóns a concesionaria do autobús urbano
13/abr./23
O TSXG desestima o recurso interposto polo Goberno local e ratifica a sentenza previa que obrigaba compensar a UTE Urbanos de Ourense con perto de 5,5 millóns de euros, dos que agora se desconta a contía xa abonada.
Mobilidade
Corte na liña Santiago-Ourense: estas son as alternativas que ofrece Renfe
13/abr./23
O operador ferroviario muda horarios dalgúns trens e ofrece transporte por estrada na liña afectada polas obras, e tamén permitirá anular ou mudar os billetes sen custo. O BNG exixe garantir que todas as persoas que habitualmente circulan en tren dispoñan dunha alternativa en autobús, e non só "as que xa adquirisen o billete".
Parlamento
A Xunta obvia a sentenza do TSXG para defender a súa xestión no transporte
12/abr./23
A oposición pide explicacións a Vázquez pola resolución.
Medio Ambiente
Santiago-A Coruña, a ruta máis curta preferida polos 'jets' privados
10/abr./23
Ao longo de 2022 houbo até 45.633 aeronaves deste tipo sobrevoando o Estado español. Os avións privados emitiron o pasado ano 3,3 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera na UE, Reino Unido, Suíza e Noruega, o equivalente ao que contamina medio millón de habitantes do espazo comunitario.
POLÍTICA
A Xunta desenténdese do conflito do bus malia destinar cada ano 120 millóns de euros a este sector
06/abr./23
A conselleira Ethel Vázquez dí que é un conflito "interno".
Xustiza
Un xulgado abre dilixencias por prevaricación nas concesións de transporte contra o director de Mobilidade da Xunta
06/abr./23
A finais de marzo o TSXG xa ordenara á Comisión da Competencia incoar un expediente sancionador contra Monbus e Alsa por indicios de "repartirse o mercado".
VÍDEO NO INTERIOR
Seguimento "masivo" da folga de autobuses convocada por CIG, CCOO e UXT: "As empresas rin dos traballadores"
31/mar./23
O persoal mobilizado denuncia salarios "no limiar da pobreza", con xornadas "de 12 a 13 horas".
Mobilidade
Renfe falla como alternativa na folga do transporte por estrada: atrasos e un tren cancelado por "falta de maquinista"
31/mar./23
Persoas usuarias da liña do Eixo atlántico protestan máis unha vez polas eivas no servizo: "A folga é de buses, non de trens".
POLÍTICA
BNG e PSdeG ven "trato de favor" a Monbus e a Alsa
23/mar./23
Rueda non dá explicacións a respecto da sentenza do TSXG.
Transporte
Renfe recupera, tres anos despois, parte das frecuencias suprimidas pola pandemia no eixo atlántico: estes son os horarios
23/mar./23
Melloran as conexións entre Santiago e Vilagarcía.
SOCIAL
A CIG espera que a sentenza do TSXG contra Monbus e Alsa “poña cordura” no sector do transporte
22/mar./23
Monbus intentou tamén en Aragón "pór en práctica a manobra" de presentarse a ofertas en UTE, pero o Goberno aragonés "non o consentiu".
TRANSPORTE
Unha avaría provoca atrasos de máis dunha hora na liña de Media Distancia
15/mar./23
O segundo tren da xornada entre Vigo-Urzaiz e A Coruña tivo que parar en Redondela, Padrón e Cerceda para suplir a falta de servizo do primeiro, que debía partir ás 6.40h.