transporte por estrada

Estrada N-120 ao seu paso pola Cañiza, na comarca do Condado. (Foto: Google)
SOCIAL

Estas son as estradas da Galiza con maior risco de accidente

Entre os dez tamos con maior risco de toda rede de estradas do Estado sitúase o cruzamento da N-640 coa N-634, en Ribadeo.
Camións de transporte de mercadorias no aparcadoiro de Pedrafita do Cebreiro, nos Ancares (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

"Repercutirá na xente": alarma no sector do transporte por estrada de mercadorías pola fin da bonificación ao gasóleo

Aínda está por ver, recentemente iniciado 2024, a incidencia do remate da bonificación na compra de gasóleo nos profesionais do transporte por estrada. Porén, o sector, na súa maior parte formado por pequenas empresas, lembra outras demandas aínda por cumprir.
Parada de autobuses en Fisterra. (Foto: Nós Diario)
Mobilidade

As "eternas eivas" do transporte público na Costa da Morte: até tres horas de Fisterra a Santiago

Ante a ausencia de ferrocarrís ou un servizo por mar, coller un autobús é a única opción de transporte público que ten a veciñanza da Costa da Morte para desprazarse entre os poboacións da zona, ou até A Coruña e Santiago de Compostela. Porén, soportan unha serie de deficiencias que as empresas concesionarias, Monbus e Arriva, non foron capaces de solucionar nas últimas décadas. O colectivo de estudantes é un dos principais afectados, e xa houbo mobilizacións das nais e pais do alumnado.

Pedimos un bus decente

Diego Calvo, Alfonso Rueda e Ángeles Vázquez. (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

O mapa das concesións de buses precisa "correccións", admite Rueda

O presidente di que "o ideal sería un rescate" das autovías con peaxe
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta da Galiza.
POLÍTICA

A Xunta non actuou ante o impago das concesionarias do canon de transporte

A Xunta da Galiza nada facía para cobrar o canon que as concesionarias das liñas de transporte público por estrada debían pagarlle. Só cando o Consello de Contas empezou a auditar eses pagos e a comprobar os atrasos que acumulaban, a Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade moveu ficha. Así se recolle no informe que o ente fiscalizador vén de publicar sobre a ordenación e inspección do transporte público. 
Vehículo de Monbus (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Competencia incoa expediente sancionador contra Monbus e Alsa tras a sentenza do Supremo

Monbus considera "inxusto" o veredicto inicial emitido polo TSXG e avanza que acudirá en amparo ao Tribunal Constitucional.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez (Foto: Xunta da Galiza).
star
POLÍTICA

O Consello de Contas e a Xustiza cuestionan a Xunta pola 'concentración' das liñas de transporte en Monbus

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza declarou ilegal a decisión da Xunta de conceder a liña de transporte escolar de Cambados a unha UTE participada por Monbus. O novo auto coñécese un dia despois de que o Consello de Contas fixera público un informe onde carga contra a política de mobilidade do Goberno galego.

Autocar da compañía Monbus, que controla 80% das liñas na Galiza. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Fernando García, de Galibus: "O que pasa coa Xunta e Monbus é moi descarado"

"O que di o Tribunal Supremo  reforza o que dicimos nós nestes dous anos", asegura, ao fío da sentenza contra as adxudicacións da Xunta a Monbus.
A empresa Monbus controla 80% do mercado de transporte público por estrada. (Foto: Nicolás Vieites)
star
Xustiza

O Supremo sinala a Xunta pola repartición de mercado ilegal de Monbus e Alsa: "Nin analiza, nin comproba"

Un auto rexeita os recursos das dúas empresas e a Administración galega e fai firme que houbo repartición ilegal en lotes de transporte da Xunta.
A compañía pasa agora a mans dun fondo estadounidense. (Foto: Arriva)
ECONOMÍA

O 'xigante' do transporte por estrada Arriva pasa a mans dun fondo estadounidense

I Squared Capital confía en fechar a compra do operador británico de transportes, con forte presenza na Galiza, a comezos do vindeiro ano por un importe próximo aos 1.600 millóns de euros.
Ana Miranda, eurodeputada do BNG (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Ana Miranda leva á Comisión Europea as eivas do transporte público galego

"Europa está a fomentar o transporte sostíbel e accesíbel, pero non se están achegando o diñeiro suficiente a través dos fondos europeos nin a Xunta nin o Goberno español están a cumprir", indicou a eurodeputada nacionalista.
A suba este ano do prezo do gasóleo (8,6%) e da gasolina (22,3%) preocupa ao sector do transporte de mercadorías. O fin da bonificación do combustíbel -agora en 10%- o 31 de decembro e a súa redución en outubro a 5%, augura novas reivindicacións para manter a estabilidade nos prezos (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

O transporte pagará 3,6% máis pola redución da bonificación do combustíbel

A suba este ano do prezo do gasóleo (8,6%) e da gasolina (22,3%) preocupa ao sector do transporte de mercadorías. O fin da bonificación do combustíbel -agora en 10%- o 31 de decembro e a súa redución en outubro a 5%, augura novas reivindicacións para manter a estabilidade nos prezos.
O Goberno estatal fecha a porta a incluír carne e peixe na prórroga da rebaixa do IVE (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O Goberno español aproba a prórroga da rebaixa do IVE de alimentos e as axudas ao transporte público

A Deputación permanente é o órgano que asumirá a convalidación das medidas debido ao adianto electoral

A empresa Monbus controla 80% das concesións de transporte (Foto: Monbus).
star
SOCIAL

O TSXG anula a decisión da Xunta de adxudicar a Monbus varias liñas de transporte

O TSXG anunciou onte que declarou ilegal a concesión de varias liñas de transporte ao grupo Monbus por parte da Consellaría de Educación. A sentenza abre a porta á anulación doutras adxudicacións da Xunta da Galiza á compañía de Raúl López, entre elas as doutros nove lotes.

Gas pementa. (Foto: Nós Diario)
Agora

Detido un veciño de Culleredo por esparexer gas pementa dentro dun autobús

A Garda Civil detivo un veciño de Culleredo (comarca da Coruña) como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e outro de lesións, por esparexer gas pementa no interior dun autobús o pasado 24 de abril. Segundo informa o Instituto Armado, ocorreu nun autocar que cubría a liña A Coruña-Carral e o condutor viuse obrigado a deter a marcha e desaloxar os viaxeiros en Vilaboa. Algúns deles, de feito, sufriron lesións leves e precisaron asistencia sanitaria por irritación de ollos e gorxa. Dado que o autor dos feitos fuxiu ante a inminente chegada da Policía Local de Culleredo, a Garda Civil iniciou unha investigación para identificalo. A través de recoñecementos practicados a testemuñas prexudicadas, o Instituto Armado conseguiu dar co responsábel.
Protesta ás portas da estación de autobuses de Vigo. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
TRABALLO

Confírmase o inicio da folga indefinida no sector do transporte por estrada para o día 8 de maio

As partes non están chamadas a retomar as negociacións polo momento. De feito, os sindicatos organizarán ao longo desta sexta feira asembleas locais para preparar os paros que se iniciarán na medianoite da segunda feira 8 de maio.
Autobús da empresa Autocares Mejide. (Foto: Viaxeiros)
TRABALLO

Denuncian ante a Xunta o despedimento dunha auxiliar de transporte escolar que foi 'acosada' por un condutor

CCOO pide unha investigación á Consellaría de Educación, que o cingue a un asunto de "índole laboral" e remítese a Inspección e á Xustiza.

Traballadoras e traballadores tratan de paralizar un autobús en Vigo durante a folga do 31 de marzo (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Desconvocada a folga do transporte por estrada desta quinta e sexta feira

O acordo só supón a suspensión da convocatoria de folga desta semana. Os sindicatos manteñen a súa intención de ir un parón indefinido a partir do 8 de maio se a patronal non actualiza os convenios con melloras salariais.
A empresa Monbus controla 80% do mercado de transporte público por estrada. (Foto: Nicolás Vieites)
TRABALLO

27 e 28 de abril: folga de transporte de viaxeiros en toda a Galiza

A folga será indefinida a partir do 8 de maio se non se atende as demandas.