O Parlamento galego inicia a tramitación da cuarta lei en sete anos para o traspaso da AP-9
Entre reproches cruzados dos grupos, saíu adiante por unanimidade o texto proposto do PP, que rexeitou cos seus votos o do BNG
Entre reproches cruzados dos grupos, saíu adiante por unanimidade o texto proposto do PP, que rexeitou cos seus votos o do BNG
O deputado do BNG, Néstor Rego, reivindica a totalidade das competencias pendentes previstas no Estatuto a comezar polas reclamadas reiteradamente polo Parlamento da Galiza: tráfico, seguranza viaria, seguranza pública, salvamento marítimo ou AP-9. Antón Gómez Reino, voceiro de Galicia en Común, manifestou a necesidade de que a Cámara Baixa poña en marcha "canto antes" o diálogo entre ambas as Administracións para poder facer efectivas estas transferencias.
As transferencias, a ollos do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, non son prioritarias. Sinala que a “inmensa maioría” das transferencias que recolle a constitución “xa están feitas”, cando a realidade amosa o contrario. Galiza segue sen contar con competencias en tráfico ou seguridade marítima, entre outras.
Ofensiva institucional da organización nacionalista contra o que cualifican como “agravio a Galiza”. A portavoz nacional, Ana Pontón, lembra que as peaxes subiron 36% desde que Mariano Rajoy está na presidencia e criticou que Feijóo actúe como valedor “dos intereses de Audasa” en vez de como presidente dos galegos.
Unha autoestrada de balde e xestionada pola Xunta de Galiza. Este foi o leitmotiv que levou o BNG a pagar en céntimos o custo das viaxes nas principais peaxes da AP9. Nun dos actos participou a portavoz nacional, Ana Pontón, quen tendeu a man para acadar “un pacto de país” na materia.
Xaquín Fernández Leiceaga, candidato do PSdeG á Xunta, e Pilar Cancela, nº1 ao Congreso pola Coruña, deron a coñecer en rolda de prensa as propostas económicas da formación socialdemócrata para Galiza. Entre elas, atópase a transferencia das competencias de tráfico, inspección de traballo, policía económica e AP9.
As incógnitas que pairan sobre o futuro de Meteogalicia continúan sen ser despexadas. Ana Pontón interesouse sobre o asunto na comisión 2 do Parlamento galego.
O grupo maioritario da Cámara rexeitou tramitar a proposta do BNG que demandaba a transferencia das competencias en materia meteorolóxica pois, dixo Pedro Puy, iso significaría a “desaparición” da Axencia estatal de Meteoroloxía.
O Parlamento vaise voltar a pronunciar esta terza feira (apartir das 10 h, segundo ponto na orde do día) sobre a amplitude do autogoberno de Galiza. Será a iniciativa do BNG, quen leva á cámara unha proposición de lei orgánica que visa a transferencia a Galiza dos servizos de meteoroloxia estatais.