TIC

Mobilización da CIG no sector das TIC, esta quinta feira en Compostela (Foto: Europa Press).
TRABALLO

A CIG demanda un convenio galego para o sector das TIC

Delegados e delegadas concentráronse ante o 'Talentia Summit 23', o foro sobre tecnoloxía e innovación no panorama laboral que decorre en Compostela.
O Carballo Interplay decorre esta semana no concello bergantiñán.
star
CULTURA

Carballo Interplay, unha década de redes en galego

Ante a falta de atención dos medios públicos ás xeracións máis novas, a creación de contidos para as TIC aparece como unha oportunidade de normalización da lingua e da cultura galegas entre un público carente de oferta. O Carballo Interplay, que comezou esta semana no concello bergantiñán, celebra este ano o seu décimo aniversario e emerxe como unha experiencia pioneira e xa exitosa neste campo. 
 
Paulo Rodríguez é o director de Desenvolvemento e Comunicación de Dinahosting.
star
Entrevistas

Paulo Rodríguez, de Dinahosting: "Falar o idioma do cliente sempre formou parte da nosa filosofía"

Dinahosting nace no ano 2001, hai máis de 20 anos, cando internet aínda non estaba moi desenvolvida na Galiza, sendo así un proxecto pioneiro no país, na península Ibérica e mesmo en Europa na comercialización de aloxamento web. Hoxe esta empresa galega consolidouse como un referente do sector especializada en múltiples servizos referentes á xestión de redes. Paulo Rodríguez é o seu Director de Desenvolvemento e Comunicación. 
Unha rapaza emprega o seu teléfono móbil. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

O galego, á cola do Estado español en recursos tecnolóxicos

Un estudo observa unha tendencia das grandes empresas do sector consistente en "reducir os seus esforzos" en desenvolver tecnoloxías específicas para linguas minoritarias, así como a falta de interese por estes idiomas en estratexias nacionais como a Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial 2020.
A pandemia fixo que se incrementaran as vendas de produtos de 'software' e servizos web para o teletraballo e a venda 'online' (Foto: Xunta da Galiza).
ECONOMÍA

A crise da Covid impulsa a demanda de emprego no sector galego das TIC

Case 35% das firmas do sector TIC galego aumentou a comercialización de produtos e servizos a pesar da crise derivada da Covid-19.

Vivir entre pantallas

A profesora Eva Moreira no seu departamento (Nós Diario)
SOCIAL

Eva Moreira, psicopedagoga: "O profesorado atópase só nas aulas e non ten tempo para traballar en equipo. Faltan docentes"

Eva Moreira, egresada en Psicopedagoxía e docente de Educación Secundaria na especialidade de Orientación Educativa, asegura nunha tese de doutoramento que as TIC producen no profesorado unha satisfacción profesional e a percepción de emocións positivas na aula. Para que esta ecuación funcione hai que contar con internet e o persoal apropiado.
Tres de cada catro fogares galegos fan uso da internet a diario, mais a fenda dixital sitúa Galiza á cola das estatísticas (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Galiza sitúase á cola no uso da internet

Galiza é o territorio do Estado español que peores datos presenta no que a uso de internet se refire. A crise da Covid-19 motivou un incremento no emprego da rede nos fogares galegos, especialmente relevante no caso do comercio 'online', unha canle da que só fixo uso a metade da poboación a pesar do confinamento.  
Experiencia no proxecto de Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego (Laces) na Universidade do Minho en 2019 (TecMinho).
ECONOMÍA

A USC crea unha nova aceleradora de proxectos empresariais de economía social

O terceiro sector aumenta na Galiza e atrae proxectos das TIC. A USC anunciou a creación dunha nova aceleradora de proxectos para estudantes e futuras emprendedoras e emprendedores que se desenvolverá entre o 28 de setembro e o 13 de novembro.
Muller xogadora de videoxogos (Pixabay)
SOCIAL

Galegas referentes en innovación tecnolóxica conversarán con alumnado no Día das Rapazas nas TIC

O 23 de abril as estudantes poderán coñecer de primeira man de catro profesionais a aplicación das novas tecnoloxías en escavacións arqueolóxicas, o funcionamento da radio, a industria do videoxogo por dentro ou de que falamos cando falamos de intelixencia artificial.
Concentración da CIG-TIC dinate de Iman Temporing (CIG)
TRABALLO

Denuncian abusos das ETT en empresas do sector TIC

A CIG iniciou no polígono de Costa Vella en Compostela unha campaña de mobilizacións para denunciar a precariedade e as prácticas lesivas que empregan as Empresas de Traballo Temporal (ETT) que xestionan o emprego nas compañías do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
Fábrica Armas
ECONOMÍA

A Xunta levará a Cidade das TIC aos orzamentos de 2020

As contas do próximo exercicio incluirán o enfoque e a achega do Executivo galego ao proxecto impulsado pola Universidade da Coruña.

Du2WNSvXQAApUS4
TRABALLO

CIG convértese na primeira forza no sector das TIC após multiplicar por catro a súa representación

empresas tecnoloxía TIC informática
ECONOMÍA

A crise destruíu en Galiza o 7% dos empregos no sector das TIC

En Galiza hai 2.331 empresas de tecnoloxía da información e comunicación, o que representa o 1,1% do total. 

Tic Tac, Tic, Tac

Prefería titular tiki-taka, tiki-taka. Pero, non, non podo. Só podo dicir tic-tac, tic-tac

SOCIAL

As TIC tamén 'segregan' por xénero: eles danlle un uso lúdico, elas infórmanse sobre os coidados

A fotografía do acceso e do uso que mulleres e homes fan das tecnoloxías da información e da comunicación amosa como o deseño das TIC seguirá no futuro en mans dos homes. O reparto do tempo e os nichos de mercado feminizados, entre as razóns da e-desigualdade