terrorismo

Estado do Crocus City Hall na rexión de Moscova tras o atentado terrorista da pasada semana. (Foto: Vlad Karkov / SOPA Images vía ZUMA)
star
INTERNACIONAL

Un ISIS xa debilitado e apenas sen territorios volve pór Europa no punto de mira: que sabemos da organización terrorista?

Malia o ISIS, xa hoxe co seu epicentro en África, reivindicar que estivo detrás do ataque da pasada semana en Rusia —o máis mortífero da organización terrorista no mundo desde 2021-, Moscova acusou a terza feira o Goberno ucraíno de participar tamén no atentado.
Conmemoración espontánea polas vítimas do atentado, o domingo en San Petersburgo (Rusia). (Foto: Artem Priakhin / Zuma Press / ContactoPhoto)
INTERNACIONAL

O Goberno ruso carece dunha "hipótese definida" sobre o atentado en Moscova

A unanimidade nos medios occidentais sobre a autoría do Estado Islámico no atentado en Moscova non é compartida en Rusia, onde as autoridades aínda non fixeron pública a súa hipótese sobre o acontecido e a prensa cuestiona as diverxencias con outros ataques cometidos por integrantes do grupo xihadista.
moscova rusia europa press atentado
INTERNACIONAL

Imputados por terrorismo e prisión preventiva para catro dos responsábeis do atentado de Moscova

Rusia segue de dó polo atentado mortal que matou no mínimo 137 persoas.

Ofrenda floral ás vítimas fronte á Embaixada de Rusia en Minsk. (Foto: Henadz Zhinkov / Xinhua News)
INTERNACIONAL

Día de loito en Rusia polos atentados que deixaron 133 mortos e 152 feridos

"Aos terroristas, asasinos e bestas, que non teñen nin poden ter nacionalidade, espéralles un funesto destino: vinganza e esquecemento. Non teñen futuro", proclamou Putin.
Candea acesa nunha pantalla para lembrar as vítimas do atentado, esta mañá, en Moscova. (Foto: Cao Yang / Xinhua News)
INTERNACIONAL

Elévanse a 133 as mortes confirmadas polo atentado en Moscova, que deixa xa once detencións

Dous dos presuntos autores materiais do ataque foron interceptados en Briansk e pretendían fuxir a Ucraína, segundo o FSB.
Monumento ás vítimas do 11-M en Atocha. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Os atentados do 11-M, 20 anos despois: tres condenados seguen en prisión

Dez explosións case simultáneas deixaron case 200 vítimas mortais o 11 de marzo de 2004 nas inmediacións da estación de Atocha de Madrid.
O ex presidente catalán Carles Puigdemont nunha conferencia de prensa a comezos de novembro. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

O Supremo abre causa penal por unanimidade a Puigdemont por “delitos de terrorismo”

Considera que o ex presidente "animou a seguir as accións violentas que decorreron co seu coñecemento e consentimento"

Carles Puigdemont, nunha comparecencia de prensa en Bruxelas. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Os fiscais do Supremo sinalan Puigdemont como o "líder absoluto" de 'Tsunami', que cualifican de grupo "terrorista"

"Non hai dúbida de que algúns dos feitos encaixan perfectamente co delito de terrorismo", apunta o informe.
Comisión de Xustiza no Congreso español, onte. (Foto: Congreso)
INTERNACIONAL

A lei de amnistía blindará os acusados de terrorismo pola Xustiza española

O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, remodela o Goberno.
Unha muller camiña fronte a uns cascallos orixinados por un ataque do Exército de Israel en Naqura, no sur de Líbano. (Foto: Europa Press / Contacto / Ali Hashisho)
star
INTERNACIONAL

Israel ataca Líbano e ameaza con que "se acaba o tempo" para evitar que a guerra se estenda

As agresións israelís provocaron xa o desprazamento de 76.000 persoas libanesas.
Ao fondo, a Facultade na que ocorreu o tiroteo, hoxe en Praga. (Foto: Deml Ondøej / CTK / DPA)
INTERNACIONAL

No mínimo 15 mortos e nove feridos moi graves nun tiroteo nunha universidade de Chequia

Descartan vínculos co "terrorismo internacional".
Entrada á Audiencia Nacional. (Foto: Óscar Cañas / Europa Press).
Xustiza

A prisión un dos detidos polo intento de "asasinato terrorista" de Vidal-Quadras

O maxistrado da Audiencia Nacional acordou deixar en liberdade con medidas cautelares outro detido e mais a súa parella.
Familiares de presos dos CDR no Parlament, en 2019. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
Xustiza

A Fiscalía pide até 27 anos de prisión para os CDR aos que acusa de terrorismo

A Audiencia Nacional apunta a doce membros dos Comité de Defensa da República por un delito de pertenza a organización terrorista, achacando tamén a oito deles delitos de tenza, depósito e fabricación de explosivos e estragos, nunha causa que se verá afectada pola Lei de amnistía.
Dispositivo médico e policial despregado após o atentado en Dublín. (Foto: RTÉ)
Irlanda

Cinco persoas feridas, tres delas crianzas, nun ataque con arma branca en Dublín

Unha muller e unha das menores están a ser atendidas polos sanitarios por feridas de gravidade.
O polémico chío do PP da Galiza.
POLÍTICA

"O PP queda invalidado no plano político": polémica nas redes cun asasinado por ETA de fondo

O PSdeG lembra a Ernest Lluch, asasinado por ETA, e o PPdeG ve "melancolía impostada" polos acordos con Bildu.
Centro de transmisión da canle pública alemá 'ZDF' en Mainz. (Foto: Olaf Kosinsky)
INTERNACIONAL

Evacuados por ameazas seis colexios e unha canle pública en Alemaña

O Palacio de Versalles, en Francia, foi desaloxado sete veces.

O idioma da violencia

Control na fronteira entre Austria e Hungría en 2020. (Foto: Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Terceiro día con aeroportos desaloxados en Francia por ameazas de bomba: "bromas de mal gusto"?

Máis dunha decena de Estados de Schengen aplican controis fronteirizos.

Terrorismos

O subxefe da Comisaría de Información dos Mossos d'Esquadra, David Sánchez, en rolda de prensa debullando o operativo. (Foto: Europa Press)
'Operación Dracarys'

A organización neonazi Combat 18 preparábase para atacar "mesquitas, intereses xudeus e antifascistas"

Combat 18, aseguran os Mossos, carecía aínda dun "plan concreto contra un obxectivo concreto", mais si estaba "buscando medios para chegar a atacar". E, para iso, o seu obxectivo a curto prazo era captar novos membros, nomeadamente a través de propaganda en redes sociais.