mércores 27/10/21

Terras do Miño

A saramaganta ou salamántiga galega (Chioglossalusitanica) é un endemismo ibérico que só se atopa na Galiza, Asturias e nortede Portugal. (Foto: Colectivo Xea).
Andar e Ver

Bosque da Fervenza, entre o Miño e o Neira

Hoxe presentamos unha pequena ruta cómoda e agradábel que discorre pola beira do Miño entre carballeiras e bosques de ribeira, nunha área de grande interese ecolóxico, biolóxico e etnográfico.