Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A Xunta sinala unha suba de 8 millóns de euros no límite de gasto dos Orzamentos de 2022, mais, de comparar o teito de gasto de 2021 co de 2022, sae un recorte de até 93 millóns.
Ás portas do debate sobre o teito de gasto o PP lanza unha mensaxe de “optimismo e confianza na recuperación” mentres que o BNG alerta da redución de 93 millóns de euros na capacidade de gasto. O PSdeG demanda á Xunta que poña “vontade e eficacia” para xestionar a “capacidade histórica de gasto”.
BNG e PSdeG non o ven "á altura do desafío" e avisan de "desprotección" aos máis vulnerábeis.
O PP saca adiante o límite de gasto non financeiro para 2020 coa oposición dos demais grupos do arco parlamentario.
Prevé que o paro baixe a 10% a finais dese ano. Actualizou a previsión de crecemento do PIB para este 2019 á baixa, pasando de 2,5% previsto inicialmente a 2%
De “corsé para o investimento público” cualifica a oposición o teito de gasto aprobado en solitario polo Partido Popular no Parlamento galego. En Marea, PSdeG e BNG tamén falaron de “falta de proxecto, ideas e ambición”. A Xunta de Galiza poderá gastar en 2019 9.850 millóns de euros, un 3,8% máis que o no orzamento aínda en vigor.
O Goberno Sánchez e os seus aliados están en minoría no órgao de goberno do Congreso dos Deputados. Que o executivo non dispoña de maioría na cúpula da cámara é algo que non acontecera nunca no actual réxime político e alimenta permanentemente o conflito institucional. De feito, a dereita tombou esta segunda feira o atallo procedimental con que o grupo parlamentar socialista, co apoio de Podemos, tencionaba arrebatar ao Senado a capacidade de veto que o PP lle concedeu durante o goberno Raxoi.