Por volta de 40 por cento das e dos delegados, con Soraya
Xacobe Ferreiro/X.M.
12/xul./18
O proceso de renovación do PP estase a converter nun calvario para Alberto Núñez Feixóo após ser apartado primeiramente da carreira sucesoria [renunciou a concorrer ao constatar que non tiña hipóteses de ser coroado líder por aclamación] e derrotado nas primarias ao alzarse coa vitoria estatal Soraya Sáenz de Santamaría e comprobar como Dolores de Cospedal era rexeitada por máis do 60% da militancia galega. Agora atópase co partido dividido na Galiza e con perto das 40% das compromisarias e compromisarios –entre eles líderes partidarios tan significativos como o lugués Xosé Manuel Barreiro ou o ourensán Manuel Baltar— apoiando Soraya.