star
Reportaxes
A nova orde alimentar
16/dec./22
O modelo agrario vixente no mundo a día de hoxe procede da Segunda Guerra Mundial. Tras a sangría daquela contenda global, os gobernos adoptaron como obxectivo salvar a humanidade da fame. Cos medios de produción arrasados e a clase traballadora decimada, o risco de morrer por falta de alimentos representaba unha grave ameaza para os superviventes.