Sober

Presentación da Feira do Viño de Amandi, en Sober, en pleno corazón da Ribeira Sacra. (Foto: Nós Diario)
Sober

Todo sobre a Feira do Viño de Amandi: bo viño e música no corazón da Ribeira Sacra

"Para o concello, o viño é o principal económico, social e cultural. Non imaxino un Sober sen viño", afirma o alcalde de Sober.
O subxefe da Comisaría de Información dos Mossos d'Esquadra, David Sánchez, en rolda de prensa debullando o operativo. (Foto: Europa Press)
'Operación Dracarys'

A organización neonazi Combat 18 preparábase para atacar "mesquitas, intereses xudeus e antifascistas"

Combat 18, aseguran os Mossos, carecía aínda dun "plan concreto contra un obxectivo concreto", mais si estaba "buscando medios para chegar a atacar". E, para iso, o seu obxectivo a curto prazo era captar novos membros, nomeadamente a través de propaganda en redes sociais.
O membro do grupo neonazi 'Combat 18' entrando aos xulagdos de Monforte de Lemos esta quinta feira (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

En liberdade o membro do grupo neonazi 'Combat 18' detido en Sober esta semana

O home de mediana idade, que responde ás iniciais G.C.B., acolleuse ao seu dereito a non declarar ante a autoridade xudicial e as dilixencias remítense agora ao xulgado que instrúe a causa, en Manresa (Barcelona).
Vivenda do detido en Sober. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Xustiza

O detido en Sober por suposta vinculación cun grupo neonazi pasará a disposición xudicial esta quinta feira

O dispositivo centrouse en Combat 18, unha "organización criminal vinculada ao nacional socialismo e ao supremacismo branco", salientaron as autoridades policiais, e que se centra en "vulnerar os dereitos fundamentais e as liberdades públicas", fomentando o odio por motivos racistas e ideolóxicos.
Integrantes de Combat 18 en Hungría e a casa de Sober onde residía un dos presuntos membros detidos hoxe. (Fotos: C18 | Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

"Expulsaremos todos os non brancos, vivos ou en cadaleitos": que é Combat 18, o grupo neonazi con presenza en Sober?

Un residente en Sober de mediana idade foi detido esta terza feira canda outras 15 persoas no marco dun operativo desenvolvido a grande escala no Estado español contra a organización neonazi, considerada terrorista en Canadá e Alemaña, Combat 18. Isto é o que sabemos deste colectivo supremacista.
A casa no lugar de Ferroños (Sober) en que residía o membro de Combat 18 (Foto: Idealista).
SOCIAL

Un dos neonazis da organización Combat 18 é detido en Sober, onde vivía

Un dos detidos na operación policial é veciño do concello de Sober e vivía de aluguer desde hai algún tempo nunha casa da aldea de Ferroños, pertencente á parroquia de Anllo.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Morre un home en Sober após envorcar o tractor que conducía

Un home faleceu en Sober (comarca de Lemos) ao envorcar o tractor que conducía nunha zona de monte, nun accidente para o que foi mobilizado un helicóptero medicalizado do 061. Tamén foi movilizda unha ambulancia de soporte vital básico, segundo precisan fontes do 061, que sinalan que o persoal facultativo confirmou o falecemento no punto dos feitos. O 112 informou de que despois do acidente un particular contactou con emerxencias para informar de que unha persoa tivera un accidente cun tractor e que o vehículo envorcara, atopándose inconsciente o seu condutor.

Casa do Concello de Sober (Foto: Concello de Sober).
POLÍTICA

Sober será, máis unha vez, a primeira corporación municipal en constituírse no Estado

A partir das 00 horas do sábado, terá lugar o pleno no cal Sober será, por cuarta vez consecutiva -xa o foi en 2011, 2015 e 2019- a primeira corporación en arrincar mandato.