Sermos Galiza

Escolma de imaxes do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

O Entroido chega ao 'Sermos Galiza' desta fin de semana

O papel chave das mulleres, o Museo do Entroido de Xinzo, os ritos recuperados máis rcentemente ou unha entrevista con Mercedes Vázquez Saavedra, fotógrafa documentalista especializada no mundo da máscara fan parte do semanario.
José Gómez Avelaira, no centro, coa caixa. (Foto: / Alberte Pérez para AMR)
star
Reportaxes

A música, inimiga da ditadura

Os gaiteiros que tocaban nos mitins do Estatuto, os que honraban Santa Mariña no intre do golpe, os que ano a ano executaban a danza gremial do agro ou as pandeireteiras que non perdían unha festa, foron vítimas da represión franquista, igual que bandas de música, compositores ou intérpretes. Aquel verán do 36 o son galego enmudeceu ou foi luxado ao mudar en ferramenta do fascismo. Mais ficou o legado da resistencia. 
Alberto Gracia na rodaxe do 
seu novo filme. (Foto: Amador Lorenzo)
star
Reportaxes

Eloxio da melancolía: Alberto Gracia

Do 25 de xaneiro ao 4 de febreiro decorre o Festival de Cinema de Rotterdam, unha das grandes referencias para a cinefilia de todo o planeta. Entre as 14 longametraxes que integran a súa competencia principal hai unha produción galega, La Parra, dirixida polo ferrolán Alberto Gracia, un creador inconformista e lúcido cuxa obra move sempre á reflexión sobre o que queda de humano na sociedade do espectáculo. A lingua galega estivo presente estes días na gran pantalla de Rotterdam.
A poeta, creadora artística e performer Silvia Penas. (Foto: David Enseñat)
star
Entrevistas

Silvia Penas, poeta en alta voz

A poesía como intervención pública, como voz que se expande tamén combinada coa imaxe e a música nunha coidada posta en escena, é característica singular desde hai ben de anos da obra de Silvia Penas (Vigo, 1980). Aínda fresco o seu novo libro Retratos de vodas, partos e funerais (Galaxia), non baixa a súa presenza nos espectáculos cos grupos e colectivos cos que gosta de compartir proxectos, actualmente Cintaadhesiva e Límites, noutrora as Redes Escarlata.
A escritora Lorena Conde. (Foto: S. G)
star
Libros

Pode a vida ser arte?

“Pero agora chegamos e, xa que estamos aquí, ímolo contar co que temos: co corpo, coa palabra, co bidón de gasolina de quen sabe que hai pouco que perder”.
 
Viñeta do libro 'A nosa cinza'. (Foto: Demo)
star
Libros

Garde calor de presenza a nosa cinza...

'A nosa cinza', agora dispoñíbel en banda deseñada. 
Detalle da portada do disco Lugar A Ponte
star
Música

Un traballo coidado, por fóra e por dentro

‘Lugar A Ponte’ resume as nosas aprendizaxes na constante procura do Fogar. Un fogar conformado polas experiencias e persoas que nos acompañaron nestes anos e que nos fixeron afondar en nós mesmas. Como resultado desta aprendizaxe xorden dez pezas cuxas letras e melodías contan historias cheas de recordos, de presente e de futuro.
As compoñentes de Leilía Ana, Rosario e Mercedes Rodríguez, Felisa e Patricia Segade e Montse Rivera. (Foto: Culturactiva)
star
Música

Dicir Leilía é ir ao berce de Galicia

Unha despedida ao grupo musical que abriu camiño.
Cámaras en acción no Entroido Ribeirán. (Foto: Sole Felloza)
star
Patrimonio Oral

Mellor vivilo

Unha crítica dirixida ás faltas de respecto cometidas á hora de sacar fotografías na celebración do Entroido. 
Diferentes deseños de gasosas.
star
Deseño

Paisaxe gasosa

Unha viaxe polos deseños das botellas de gasosa.
Conxestión de tráfico na entrada da cidade á hora punta; aparcadoiro público de balde e intermodal baixo o tren, e aparcadoiro de grandes luces e sombreado con captadores.  (Fotos: L. A. / Google)
star
Arquitectura

Ver de aparcar, aínda

O futuro dos aparcadoiros para coches privados.
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

Silvia Penas, Alberto Gracia e a represión franquista sobre a música protagonizan o 'Sermos Galiza'

Neste novo número do semanario, á venda durante a fin de semana, entrevistamos a poeta Silvia Penas e afondamos na represión franquista sobre a música galega. Ademais, analizamos a obra de Alberto Gracia, cuxa longametraxe La Parra será exposta no Festival de Cinema de Rotterdam.
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

Brais Morán, a Candeloria e Aurichu Pereira protagonizan o 'Sermos Galiza'

Neste novo número do semanario, á venda durante a fin de semana, entrevistamos o músico Brais Morán e afondamos nas orixes e celebracións vinculadas á festa da Candeloria. Ademais, reproducimos a intervención íntegra de Xosé Manuel Beiras no acto de homenaxe a Aurichu Pereira.
Detalles do Sermos Galiza desta fin de semana (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A dramaturga Esther Carrodeguas, protagonista do 'Sermos Galiza' desta fin de semana

O psiquiátrico de Conxo durante o franquismo e ManuelMoldes tamén fan parte do semanario
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana (Foto: Nós Diario9.
CULTURA

A música de Guadi Galego centra o 'Sermos Galiza' desta fin de semana

O Proxecto Nós e os escravos galegos en Cuba compoñen tamén o semanario.
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

A obra literaria de Ana Cabaleiro protagoniza o 'Sermos Galiza'

Neste novo número do semanario abordamos tamén a censura franquista da obra de Castelao 'Sempre en Galiza' e o legado de memoria da guerrilla de Lupe Martínez.
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

A autoestima cultural de Mercedes Peón protagoniza o 'Sermos Galiza' deste sábado

A obra e legado do fotógrafo Edelmiro Méndez e mais as precarias condicións nas que viven as e os saharauís residentes en campos de refuxiadas centran tamén este novo número do semanario.

Detalles da capa do 'Sermos' desta fin de semana (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Anxo Angueira centra o 'Sermos Galiza' desta fin de semana

A emigración e o surrealismo mariño de Urbano Lugrís tamén fan parte do semanario.
Detalles do anuario deste 2023 (Foto: Nós Diario).
Anuario 2023

96 páxinas para entender o ano: consegue o Anuario 2023 esta fin de semana co 'Nós Diario'

96 páxinas de información analítica sobre Galiza, economía, internacional e cultura que serven para entender de maneira crítica e en galego as chaves dun ano cheo de noticias e novidades no mundo.
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

Aurora Marco protagoniza o 'Sermos Galiza' deste sábado

Neste novo número do semanario falamos tamén de Uruguai, a 'Suíza' da América do Sur para as galegas e galegos, e da obra cinematográfica de Lois Patiño, entre outros moitos contidos culturais. Non o perdas!