star
Sanidade pública
Os orzamentos de 2024, ao descuberto: o investimento en Atención Primaria será 327 millóns inferior ao de 2009
01/nov./23
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou esta terza feira no Parlamento galego as contas do seu departamento. As mesmas sitúanse na liña dos exercicios anteriores, onde a sanidade pública da Galiza ficou á cola do Estado en investimento por habitante.