star
CULTURA
Sempre en Galiza
18/maio/21
'Sempre en Galiza' é un libro-caderno de bitácora que nos propón navegar unha singradura que cursa episodios de gran relevancia na historia de Galiza e na vida de Castelao. Desde o desterro a Badaxoz ordenado por Lerroux en outubro de 1934 como castigo á figura máis destacada do Partido Galeguista, pasando polos vaivéns da tramitación do Estatuto de Autonomía, os avatares da Guerra do 36, até chegarmos ao exilio definitivo en Bos Aires a comezos dos anos 40. Alén do episódico, os lectores e as lectoras han de encontrar da man de Castelao reveladoras e actuais análises sobre o status de Galiza como nación, os dereitos que como tal lle corresponden, interpretacións moi lúcidas sobre a nosa problemática lingüística e atinadas pescudas sobre a historia de Galiza.
star
Historiador e biógrafo de Castelao
Miguel Anxo Seixas: "Rosalía e Castelao son as figuras máis valentes que tivo a Galiza"
07/xan./21
O 7 de xaneiro de 1950 falecía, exiliado na Arxentina, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, principal expoñente da vida cultural e política da Galiza do século XX. A situación que o exiliara obrigou a que 'Sempre en Galiza' chegase ao país clandestinamente. No día do aniversario da súa morte, publicamos unha entrevista co seu biógrafo, o historiador Miguel Anxo Seixas.
Castelao no desterro a comezos da década dos 30
Cúmprense 85 anos da “fin da inxustiza"
06/set./20
O 25 de outubro de 1934, o goberno de España, comunicáballe ao autor do Sempre en Galiza o seu "traslado administrativo forzoso" a terras de Badaxoz.
CULTURA
O tradutor de 'Sempre en Galiza' ao inglés, premio Ostana
11/mar./19
O tradutor ao inglés de Sempre en Galiza, Craig Patterson, foi recoñecido co Premio Ostana, outorgado pola asociación cultural Chambra d'Òc e mais pola Comune -Concello- de Ostana, no italiano val do Po.
POLÍTICA
Fanse 75 anos da saída do prelo de "Sempre en Galiza"
10/mar./19
O ensaio político de referencia do nacionalismo do século XX fai 75 anos. E é que o 10 de marzo de 1944 saía do prelo en Bos Aires Sempre en Galiza, de Castelao.