sector gandeiro

Vacas nunha gandaría de lácteo de Sabadelle, en Chantada (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Galiza perdeu 94.176 explotacións de leite desde a integración na UE

 

A integración da Galiza na Comunidade Económica Europea (CEE), antecedente da Unión Europea (UE), representa o punto de arranque do proceso de reconversión do complexo agrario galego, que provocou a perda de 94.176 explotacións de leite desde 1985. Só entre xaneiro e xullo de 2023 fecharon 324 granxas lácteas no país.

Varias vacas pastan na Sierra do Xistral o 23 de febreiro de 2023, en Abadín, na Terra Chá (Foto: Carlos Castro - Europa Press).
ECONOMÍA

As explotacións gandeiras denuncian "abandono" na vacinación contra a lingua azul

As perdas polo veto á saída das granxas de animais que aínda non se conseguiron vacinar e os atrasos en que se realice preocupa ao sector. Mentres, a Xunta da Galiza nega "bloqueo".

Explotación galega de gando vacún (UUAA).
star
ECONOMÍA

Cada dúas horas fecha na Galiza unha explotación de vacún de carne

Até 3.895 explotacións de vacún de carne, 17% das existentes, botaron o feche na Galiza o ano pasado. Unha media de unha cada dúas horas. As organizacións gandeiras advirten dun sector afogado polos custos de produción e a ausencia de políticas públicas de apoio a unha actividade "chave" para o rural.