Un alcalde imputado derrota o secretario do PSOE de Lugo rumo á presidencia da Deputación
O PSOE coloca un alcalde imputado na cabeceira da carreira á presidencia da Deputación de Lugo. O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, impúxose ao secretario xeral do PSOE provincial Juan Carlos González Santín, na asemblea na que se elixiron os 5 deputados provinciais polo partido xudicial de Lugo.
A UMG elixe Adrián Bravo como novo secretario xeral no XVI Congreso
Bravo é membro do Consello Local e Comarcal do BNG en Vigo, delegado sindical pola CIG e fai parte da permanente de Galiza Nova. Aposta por reforzar o papel da UMG como referente da mocidade nacionalista.
Kirchner liquida a Secretaría de Intelixencia, a quen atribúe unha conspiración
O suicidio do fiscal Nisman non foi tal (en todo caso, sería un suicidio instigado) e sectores da Secretaría de Intelixencia conspiran contra o goberno democrático. Iso é o que sostén Cristina Fernández Kirchner.
Pilar Farjas demite como secretaria xeral de Sanidade
A súa renuncia coincide co nomeamento de Alfonso Alonso como ministro.
Condenado por violencia machista o ex-secretario xeral de Deportes
Eduardo Lamas "golpeou reiteradamente", segundo a sentenza xudicial, a muller coa que mantiña unha relación sentimental.
O ex secretario xeral do PCE fala de "nazional-independentistas"
Francisco Frutos empregou a súa conta de Twitter para bater contra @s manifestantes da Diada, a quen comparou con nazis e franquistas.
Anxo Lorenzo acusa a Queremos Galego de xerar un conflito que non existe na sociedade
O secretario xeral de Cultura cre innecesario o debate sobre a lingua
A Mesa pide a dimisión do secretario de Política Lingüística “verdugo do galego”
A Mesa apoia a petición de “dimisión ou cesamento” de Valentín García como secretario xeral de Política Lingüística e reclama “unha remuda a fondo da Política Lingüística deste Goberno galego que non exerce de galego”. Segundo Carlos Callón, García “está a exercer de verdugo do galego por un prato de lentellas”.
A dimisión do Secretario de Política Lingüística, unha petición que se intensifica
No Parlamento e desde @s profesionais que traballan na normalización lingüística. A petición de cese do Secretario Xeral de Política Lingüística repítese polos pasos atrás para a nosa lingua, o desmantelamento das accións de normalización e, en especial, despois do conflito co profesorado despedido do CELGA.
O BNG pide a demisión da alcaldesa e da secretaria xeral imputadas por prevaricación
Catalina González, rexedora de Sanxenxo, e Encarnación Rivas, alto cargo de Urbanismo na Xunta, terán que responder pola concesión das licenzas dun edificio.
O decano desouve a secretaria xeral da USC e non recibe a alumna que deixou sen prácticas
Tatiana Maseda non puido escoller praza para a realización do practicum en ''represalia'' pola súa participación nun piquete na folga contra a LOMCE do 24-O.
A adesão de Portugal à UE e ao euro foi "um erro profundo", defende o secretário-geral do PCP
Concluiu este domingo 27 de Outubro o Congresso "Álvaro Cunhal-o projecto comunista, Portugal e o mundo de hoje", que decorreu estes dias em Lisboa, na faculdade de Letras. Num encontro coa imprensa, o líder do PCP, Jerónimo de Sousa, disse que Cunhal previu os efeitos negativos que para Portugal resultaram do ingreso na UE.
Louzao, reeleito secretario da CIG-Ensino, aposta na "soberanía" frente a "dependencia"
No acto de encerramento do VI Congreso rexeitou "a falsa dicotomía" de que no momento actual a cuestión social deba "priorizar" sobre a nacional porque, dixo, "é o discurso propio do españolismo". A Executiva foi ratificada con 174 votos a favor e 3 en branco.
Manolo Camaño, novo secretario xeral da CUT
Camaño xa ocupara este posto até 2009, no que foi substituído por Ricardo Castro. O V Congreso da Central Unitaria de Traballadores decorreu en Compostela sob o lema 'Da revolución á evolución, ergue a túa dignidade'.
O Congreso do PSdG ratifica Besteiro como novo secretario xeral co 95% dos votos
Substituirá no cargo a Pachi Vázquez. Encetou o seu discurso anunciando "un tempo novo" e presentouse disposto a facer do seu partido "a única alternativa real de goberno fronte á dereita de Feijóo". Dixo que este domingo era día "de acabar cos complexos e pasar páxina".
A Secretaría de Igualdade xustifica os concertos da Xunta cos centros que segregan por sexos
A Secretaría de Igualdade do goberno galego, Susana López Abella xustificou hoxe no Parlamento que a Xunta apoie a través de concertos a centros que segregan por sexo xa que, ao seu ver, son precisos para garantir a liberdade das familias.
O PSdeG renova a Secretaría Xeral en primarias
A militancia do PSdeG elixe este sábado novo secretario xeral. Manel Vázquez e Xosé Gómez Besteiro concorren como candidatos a unha consulta na que a participación roldaba o 50 por cento ás 18:30 horas e da que por vez primeira sairá eleito o líder do partido. En Sermos Galiza conversamos con ambos os dous candidatos
Manuel Vázquez disputaralle a secretaría xeral do PSdeG-PSOE a Gómez Besteiro
A contenda preséntase desigual mais o PSdG-PSOE xa ten oficialmente dous candidatos para a secretaría xeral. O presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, presentou como avais os nomes de case a metade da militancia fronte a un Manel Vázquez, alcalde da Illa de Arousa, que se fixo "contrarreloxio" con 1.400 avais no día no que remata a primeira fase das primarias.
Pachi Vázquez renuncia a se presentar á secretaría xeral do PSdeG
O actual secretario xeral do PSdeG non optará ao cargo e deixa o camiño libre a Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo nas primarias consultivas de setembro