Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O rei emérito español quer participar na regata ‘Desafío Barceló’ en Sanxenxo.
Juan Carlos de Borbón está de novo en Sanxenxo. O rei emérito español chegou onte desde Abu Dabi á vila do Salnés para participar nas regatas de vela da fin de semana. O pai de Felipe VI volverá navegar, máis unha vez, como patrón do Bribón pola ría de Arousa.
Un dos catro mozos que caeu dun balcón en Sanxenxo segue en estado moi grave na unidade de coidados intensivos (UCI) do Hospital Clínico de Santiago. Así o informaron fontes hospitalarias consultadas despois de que este mozo, de 18 anos, fose trasladado ao citado hospital mentres que outros dous, de 19 anos, fosen transladados ao Hospital Montecelo. Un cuarto foi dado de alta no mesmo punto dos feitos. O suceso ocorreu na madrugada da pasada quinta feira nun primeiro piso dun edificio da rúa Madrid cando os mozos, segundo explicou o consistorio, estaban apoiados na varanda do balcón e se precipitaron cara a un patio.