Sanidade

Paciente de linfedema. (Foto: Efisio)
Saúde

Reclaman máis atención e visibilidade para as pacientes con linfedema, que afecta unhas 100.000 persoas na Galiza

"A pesar de ser un número considerábel de persoas afectadas por esta patoloxía, non se lle presta a importancia que merece", denuncia a AGL.
Centro de saúde de Outeiro de Rei (comarca de Lugo).
Agora

A Xunta deixa o centro de saúde de Outeiro de Rei cunha médica das tres que ten asignadas

O centro de saúde de Outeiro de Rei (comarca de Lugo) ficará cun só facultativo médico dos tres que o fan habitualmente. Así o denunciou esta terza feira a portavoz do PSdeG na localidade, Carmen Acacio, que alertou tamén da "crítica situación" á que se enfronta o concello, con listas de agarda de até dez días para unha consulta médica, e até 15 días para receitas farmacolóxicas. Acacio explicou que, como único reforzo do servizo, "puxeron un médico substituto que pasa consulta un día á semana durante dúas horas. E, obviamente, non chega, porque non cobre as necesidades que temos en Outeiro". "É intolerábel que un concello que supera os 5.000 habitantes só teña un médico en Atención Primaria. A xente que vivimos do rural non somos cidadáns de segunda", dixo.
Exteriores do Chuac na Coruña (Foto: CIG)
SOCIAL

A CIG denuncia que "a mala xestión" da Xerencia da área sanitaria da Coruña "expulsa" os médicos e as médicas de familia

O sindicato exixe que a Consellaría de Sanidade e a Xerencia da área "traballen por atraer a facultativos e facultativas e non por expulsalas de aquí".
Exteriores do Chuac na Coruña (Foto: CIG)
SOCIAL

A CIG denuncia que "a mala xestión" da Xerencia da área sanitaria da Coruña "expulsa" os médicos e as médicas de familia

O sindicato exixe que a Consellaría de Sanidade e a Xerencia da área "traballen por atraer a facultativos e facultativas e non por expulsalas de aquí".
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, esta sexta feira. (Foto: Xunta da Galiza)
Sanidade

O Sergas gasta un millón ao mes no complemento para médicos que traballan na privada

CIG-Saúde pide que se potencie a dedicación exclusiva na pública

Enfermidades raras

Iván Rico acode a fisioterapia respiratoria de dúas a tres veces por semana para liberar o moco que se acumula nos seus pulmóns. (Foto: Nós Diario).
Día das Enfermidades Raras

Raras pero reais: unhas 200.000 galegas teñen unha doenza moi pouco frecuente

O 29 de febreiro conmemórase o Día das Enfermidades Raras, que este ano reivindica a prevención desde o campo sanitario e da investigación.
Manifestación do persoal de limpeza do Chuac, esta cuarta feira na Coruña (Foto: Nós Diario).
Agora

Persoal de limpeza do Chuac sae á rúa para exixir as melloras salariais pactadas

Traballadoras e traballadores da limpeza do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) mobilizáronse esta cuarta feira por quinto día -nunha manifestación que comezou e rematou ante as portas da Xerencia da área sanitaria- para exixir á empresa concesionaria do servizo, Acciona, "que aplique xa as melloras retributivas e de redución da xornada anual pactadas para o persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e as súas contratas".
Pablo Sousa, no centro, rodeado do equipo de neurocirurxía, psiquiatría e anestesioloxía do Chuvi. (Foto: Nós Diario).
Saúde

Así avanza a psicocirurxía na Galiza: as pacientes con TOC entran en quirófano

Unha muller de 51 anos, da comarca de Vigo, converteuse na primeira doente con Trastorno Obsesivo Compulsivo refractario en someterse na Galiza a unha intervención cirúrxica para aliviar os síntomas do seu TOC. A operación foi un éxito e o Álvaro Cunqueiro xa planifica a seguinte. Busca ser o centro galego de referencia.
Persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde (Sergas). (Foto: Xunta da Galiza)
TRABALLO

A xustiza europea insta o Estado español a converter as interinas de longa duración en fixas

O tribunal sentencia que "non existen sucesivas relacións laborais".
Manifestación en defensa da sanidade pública o 4 de febreiro en Santiago de Compostela. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
star
Análise

Retos para o novo Goberno galego tras o 18-F

Manuel Martín García é voceiro de SOS Sanidade Pública e médico.
Tomografía Axial Computada. (Foto: Nós Diario).
Sanidade pública

A falta de contrastes obriga a adiar probas de imaxe de pacientes oncolóxicos en Pontevedra e O Salnés

Só no no Hospital Provincial de Pontevedra adiáronse 15 dos 20 TAC previstos esta quinta feira.
CHOU CONCENTCAION UCI
Vídeo

O persoal da UCI do CHUO volta mobilizarse pola falla de enfermeiras e reforzos

Denuncian a deficiencia estrutural e de persoal nos espazos habilitados para a Unidade de Coidados Intensivos.

A falla de profesionais provoca as listas de agarda en Atención Primaria (Foto: Europa Press).
Sanidade pública

Sanidade penaliza persoal de Atención Primaria por ter lista de agarda nas súas consultas

CIG-Saúde considera que non depende das traballadoras evitalo e exixe a retirada inmediata dos indicadores de demora Primaria dos ADX.

Placa de febreiro de 2023 que mostra a cadeira de Carmen Santos. (Foto: C. S.)
Sanidade pública

Dous anos de calvario entre a cadeira e o mioma: "É unha vergoña que siga sen cita para operarme"

O relato do "calvario" de Carmen Santos, paciente de Vigo cunha discapacidade do 68% na perna dereita.
Enfermeiras de familia afirman que a implantación da especialidade é lenta e desigual nas distintas áreas sanitarias. (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Nova denuncia de “precarización” das condicións de traballo de persoal do Sergas

CIG-Saúde da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés demanda que se recuperen vacantes, especialmente nos servizos deficitarios

Manifestantes en defensa da sanidade pública o pasado 4 de febreiro en Compostela. (Foto: Arxina).
star
Análise

Mentiras e voto responsable

Xosé Mª Dios Diz é médico especialista de Atención Primaria en Outes.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e Alfonso Rueda, nunha visita ao hospital de Compostela. (Foto: Xunta da Galiza)
Exclusiva de Nós Diario

A Consellaría de Sanidade falsea as listas de agarda das cirurxías: as cifras reais superan en 36% as oficiais

O Defensor do Paciente advertía a finais de xaneiro que as listas de agarda na sanidade pública galega están "manipuladas". Os últimos datos oficiais son de xuño de 2023, mais Nós Diario vén de ter acceso a documentación relativa á área sanitaria de Vigo que evidencia o denunciado polo Defensor do Paciente. A agarda real para unha cirurxía supera, de media, nun 36% a agarda "oficial".
Marcial Rodríguez (UXT), José M. Santalla (USO), Xesús Pastoriza (CIG) e Roberto Rodríguez (CCOO). (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Até cinco dos principais contratos de ambulancias do 061 fican desertos

O sector do transporte sanitario urxente da Galiza confirma os seus peores presaxios. Cinco dos principais contratos do servizo de transporte sanitario urxente do 061 ficaron desertos, o que deixa as comarcas galegas máis poboadas e con maior demanda sen ofertas novas para cumprir un convenio máis exixente.
María José Carreira, candidata do PP e técnica no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribeira. (Foto: M. C.)
18-F

Unha candidata do PP culpa as persoas migrantes da existencia de listas de espera na sanidade pública: “Non hai control”

A candidata tamén é técnica no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribeira