Unha cuarta parte das augas das rías galegas non están en bo estado
A Xunta defende que en 2027 estarán 100% e a oposición lembra que esa promesa xa fixeran con datas anteriores.
A inflación encarece até 121% actuacións en saneamento e até 150% a súa factura eléctrica
O BNG propón que a Xunta adiante as indemnizacións ás mariscadoras da ría do Burgo
O Estado licita o agardado dragado da ría do Burgo
As obras para sanear o estuario da comarca coruñesa contan cun orzamento de 48,5 millóns de euros. A Xunta xa suspendeu a actividade na zona hai algunhas semanas.
O BNG esixe unha vez máis o saneamento integral da ría do Burgo
Pasan os anos e a situación non se resolve. Os sucesivos orzamentos do Estado consignan partidas, pero non as executan. O BNG volveu este sábado esixir o “saneamento integral da ría do Burgo. Fíxoo a súa eurodeputada Ana Miranda, que a visitou acompañada do seu colega letón Miroslavs Mitrafanovs, da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.
As rías como fonte de riqueza esmorecen
A cesta da compra subiu desde comezos de século entre o 30 e o 50% de media; porén, os ingresos pola venda de marisco nas lonxas sufriu unha baixada, como confirman os dados da plataforma Pescadegalicia, da Consellaría do Mar. Deixamos aquí un extracto da reportaxe publicada ao respeito no Sermos Galiza 237.
O BNG propón un plan integral de saneamento das rías galegas
Nun acto simbólico que tivo lugar na mañá do domingo na praia do Areal de Boa Grande (Noia), o BNG reivindicou a rexeneración integral das rías galegas. Desta maneira conmemorou a formación nacionalista o Día Mundial do Medio Ambiente.
Esixen prazos concretos para o saneamento da ría do Burgo
Varios centos de persoas participaron na marcha popular convocada pola Plataforma para a defensa da ría do Burgo para esixir un calendario de actuacións reais que dean pé a un plano de rexeneración da ría, o dragado, tratamento, limpeza e retirada de lodos.
Fruga denuncia os sacrificios "inxustificados" producidos após o saneamento animal
A organización agraria exixe medidas urxentes á Xunta para frear o notábel aumento de sacrificios por suposta tuberculose que, "no 95% dos casos" resultas negativos após a morte do animal.
PP e PSOE votan en Bruxelas un texto sobre as Rías que non garante o seu saneamento
O PP impuxo na Eurocámara, co apoio do PSOE, a aprobación dun informe que non contempla solucións para o saneamento integral das Rías galegas. O BNG lamenta que a súa preocupación principal fose eliminar as críticas á Xunta e ao Goberno central que presiden.
Demandan na Eurocámara unha partida finalista nos fondos da UE para o saneamento das rías
A eurodeputada Ana Miranda considera que "o informe tras a visita da delegación oficial a Galiza non pode ser de trámite ", alén de considerar que hai que "evitar erros do pasado,que se priorice o accesorio en lugar do importante"