Samaín

As florarías galegas atenden estes días os pedidos para a xornada de Defuntos. Á dereita, venda nun mercado, fóra do circuíto oficial (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Chega o Día de Defuntos, chave para o sector da flor: a metade da súa facturación anual concéntrase nesta data

O Día de Defuntos segue a ser no calendario a data anual máis importante para viveiros e florerías. Os concentran 50% da facturación e advirten de que aumentan os prezos pola suba dos custos da produción.
A cabaza, un ingredente fundamental para esta noite.
CULTURA

A Galiza celebra na noite do 31 a súa relación coa morte

A tradición seguía viva, aínda que adormecida, na cultura popular, mais o nome que lle deamos aínda está debaténdose.
Varias mozas e mozos gozando do San Froilán de Lugo o pasado 5 de outubro. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

O lecer nocturno galego encara "tranquilo" a época festiva após o incendio de Murcia: "Estamos controladísimos"

"En canto se detecta que algunha discoteca non se axusta á licenza, procédese ao seu fechamento para evitar calquera risco", precisan desde o Concello de Santiago.
A cooperativa Postoiro, na Limia, comezou a comercializar en 2022 a Cabaza de Samaín, na imaxe (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Que ten a cabaza que fai que a súa demanda medre imparabelmente 10% cada ano?

Un dos produtos de tempada máis coñecidos da horta galega é a cabaza. Malia a imaxe como produto de consumo animal, varias entidades agrarias apostaron hai oito anos polo seu cultivo aproveitando a difusión de receitas tradicionais e contemporáneas.
Detalle dun debuxo inédito de Felipe-Senén.
star
Reportaxes

Entrada no tempo escuro: o de Defuntos, magostos, San Martiño e o gaélico 'Samaín'

As festas con canto comportan de tradición, creación e relacións denotan o estado da cuestión sociocultural dun pobo. Unha colectividade en crise de identidade, que perde as súas orixes, a súa orixinalidade, que se acultura, tende a deixarse levar pola arroiada da propaganda  a imitar: véxanse a proliferación de festas que en Galiza ocupan o almanaque festivo, entroidos ao longo de todo o ano, oktuberfests bávaras en agosto, batukadas brasileiras en toda algarabía, Halloween estadounidense ou mesmo Samaín gaélico irlandés ocupando o Tempo de Defuntos e Magostos da tradición galega. E, por medio, o andazo do botellón coa invasión dos lugares sacros e inmaculados de encontro, as campas, as praias...
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana (Foto: Nós Diario).
CULTURA

O tempo de ánimas, no 'Sermos Galiza' desta fin de semana

David Rodríguez e o 'Beef' e as regueifas tamén fan parte do semanario.
Obradoiro de cabazas para festexar o Samaín na cidade de Ourense no ano 2010. (Foto: Lois Pardo).
SOCIAL

Cabazas e magostos, símbolo da relación cos "nosos mortos" na festa do Samaín

A festividade de Santos e Defuntos gañou en presenza e diversidade iconográfica mais non deixo de celebrarse nunca.
Cristina Cid e María López (Foto: Concello de Allariz).
Agora

Allariz presenta unha nova edición do 'Allariz de Medo'

O Concello de Allariz celebrará a sétima edición do Allariz de Medo, coincidindo coa festividade de Samaín, unha festa rescatada da antiga tradición celta. Durante o período que abrangue os días do 27 de outubro ao 1 de novembro, almas, bruxas e seres do máis alá reuniranse na localidade allaricense. “O ambiente nas rúas enriquécese con varias animacións ao longo destes días”, indicaron a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e a concelleira de Promoción Económica, María López, presentaron esta sétima edición do Allariz de Medo acompañadas de parte dos seres que habitarán Allariz durante o Samaín.

O alcalde, de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, disfrazado de vampiro. (Foto: 
@gonzalojacome)
CULTURA

Así deturpa o Samaín o Concello de Ourense: Sen actividades para as crianzas, sen espazo para o galego

O alcalde ourensán criticou que unha parte da veciñanza se indigne por celebrar o "Halloween".
Coa cabaza elabóranse chulas de cabaza ou cabelo de anxo, dous postres moi habituais no Samaín. (Foto: Europa Press)
star
Reportaxes

Samaín: recuperar a tradición

"Pero que santo é ese, o San Maín?" Preguntábanlle as vellas do rueiro ao mestre de Cedeira. Nos anos 90 parecía que non se podía celebrar unha festa que non fose dun santo. "Iso seguro que é unha argallada túa, Rafael!" Pero o mestre Rafael López Loureiro non inventara o Samaín. A tradición seguía viva, aínda que adormecida, na cultura popular, mais non tiña un nome que a definira e que axudara a preservala. Así comezou o mestre a recuperación da "festa das caveiras", dándolle unha denominación, pois o que non ten nome, non existe.
O outono comezou na madrugada de hoxe e durará case 90 días, até o 21 de decembro, coa chegada do inverno. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Os segredos que agocha o equinoccio de outono

O magosto e o samaín son festividades propias da época outonal.
Unha muller limpa unha lápida no cemiterio de Quintana dos Mortos de Santa María A Nova, en Noia (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
CULTURA

Por que o Día de Defuntos é o 2 de novembro e non o 1?

Hai gran confusión coas datas e pouco axuda a substitución de tradicións propias por campañas comerciais. O antropólogo Rafael Quintía bota luz sobre o calendario e os rituais populares do ciclo de Defuntos, que abrangue todo novembro.

Amigos do Samaín segue a celebrar as tradicións galegas no concello de Cedeira. (Foto: Nós Diario) #lamigueiro #samaín #cedeira
Andrés Lamigueiro é presidente de “Amigos do Samaín”

Andrés Lamigueiro: "Queríamos dar nome e popularizar algo que xa existía na Galiza desde hai tempo"

A asociación Amigos do Samaín de Cedeira xurdiu co obxectivo de organizar o Samaín na concello, ao tempo que preservar as tradicións vencelladas co tempo de defuntos. Naceu da colaboración dos colectivos Chirlateira e Garola, está formada por un grupo de amigos que se reúnen para planificar e levar a cabo distintas actividades, como o tradicional baleirado e tallado de cabazas. O seu presidente é Andrés Lamigueiro, "Lami".
Solpor no cemiterio de Bonaval, en Compostela (Imaxe: Arxina)
star
Reportaxes

Cemiterios: galerías de arte por explorar

Os tamén coñecidos como 'camposantos' no imaxinario relixioso son máis que uns espazos para a dor e o loito. Demóstrano feitos como a inclusión de dous cemiterios da Galiza na rede europea de infraestruturas desta tipoloxía que paga a pena visitar. As persoas expertas de fóra téñeno claro. As locais tamén, malia que esta forma de pasar o tempo de lecer aínda sexa moi descoñecida na terra. Mais todo é comezar. Como sinala o turismólogo Guido Álvarez, gozar coñecendo o que fixo a Galiza como é "vai máis alá das crenzas e da relixión".
Cabazas de Samaín (Imaxe: Nós Diario)
star
Reportaxes

Samaín: a noite das persoas que estarán sempre

Como cada ano, a chegada do final de outubro e o comezo de novembro traen desde os Estados Unidos de América os ecos do Halloween, unha festividade mercantilizada e despoxada de gran parte da súa orixe irlandesa e bretoa. Cada vez é máis habitual ver como institucións da Galiza pulan pola conmemoración estadounidense, na que a morte é entendida como fonte de terror, no canto das tradicións celtas e galegas, nas que as devanceiras aproveitan a noite do 31 de outubro para reencontrarse coas que seguimos vivas.
Reportaxe de apertura deste número de Sermos Galiza. (Foto: Nós Diario) #sermosgaliza #samaín
CULTURA

Sermos Galiza lévate cos que "sempre estarán"

O semanario recolle este sábado as lendas e ritos ligados á morte e as tradicións do Samaín. Igualmente, entrevista ao novo académico de número da Real Academia Galega (RAG), Gonzalo Navaza, e entra nos cemiterios galegos para que os coñezas desde outro punto de vista. Non esquezas mercalo no teu quiosque ou na nosa tenda en liña!

Hallomaín?

Castañas de Samaín (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Noite de Defuntos ou Samaín?

Desde hai séculos, a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro é diferente das demais na Galiza. É o tempo no que os defuntos e os espíritos do outro mundo cruzan ao noso. Pero cal é o nome co que a deberiamos chamar? O comercial Halloween? O celta Samaín? Defuntos? Noite dos mortos? Sermos Galiza fala con diversas persoas expertas no tema sobre esta e outras cuestións relativas á festa que dá inicio ao ciclo da invernía.
smg3110samain
CULTURA

Noite de defuntos ou samaín?

No semanario Sermos Galiza, que atoparás este sábado os quiosques ou para a súa lectura na nube acompañando Nós Diario, poderás aprender máis sobre o nome co que deberíamos chamar a noite do 31 de outubro: o comercial Halloween, o celta Samaín, Defuntos ou noite dos mortos? Cóntanolo Uxía Castro. Tamén atoparás una reportaxe de Montse Dopico sobre a posíbel creación dunha rede de compañías residentes nas principais cidades e vilas do país, un dos vellos debates que, de forma recorrente, se reactivan na escena teatral galega. E Lois Alcayde Dans entrevista o pintor, ilustrador, escultor, cartelista e debuxante Manuel Quintana Martelo.
Magosto, debuxo de F. Senén
CULTURA

Mes de santos, defuntos e magostos galegos, samhaim irlandés

Halloween, o novo Entroido outonal arredor da morte, incorpora ritos consumistas de iniciación para esconxurala e engade ao medo doses cinematográficas de agresividade. Pese a que a nosa conmemoración da Morte, a galega, a que ten raiceira celta e coa que damos a benvida ao tempo escuro, recibe o nome de tempo dos defuntos, de mortos, como o de magostos, o seguidismo acultural enfrontarase a unha tradición que non traizoa.