Sálvora

Faro de Sálvora
Máis

O faro da illa de Sálvora

O edificio ilumina a entrada da ría de Arousa
Punta Robaleira e as illas Cíes (Foto: Colectivo Xea).
SOCIAL

Os segredos das illas galegas

Sabes cantas illas hai na costa galega? Das Cíes á Pancha, descobre a historia e a riqueza natural de cada illa da Galiza.
Unha das especies catalogadas pola Xunta. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

En que estado se atopan os fondos mariños do Parque Nacional das Illas Atlánticas?

A Xunta levou a cabo unha serie de análises nos catro arquipélagos que conforman o parque nacional.
Unha campaña de voluntariado en Sálvora, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Adega) #sálvora #verteduras #illa #adega
SOCIAL

Acusan o Porto de Vilagarcía de querer incumprir a protección do Goberno español para Sálvora

O proxecto de dragado do acceso ás instalacións portuarias implicará a retirada de sedimentos que queren ser levados ao punto de vertedura situado preto da illa, que xa está clausurado. No entanto, Transición Ecolóxica pediu agardar até estudar alternativas.
Cadro de Seijo Rojizo do rescate das 'heroínas de Sálvora'.
CULTURA

A fazaña das 'heroínas de Sálvora': 100 anos dunha historia de película

Fanse 100 anos do naufraxio do Santa Isabel, un dos sucesos marítimos máis tráxicos das costas galegas, no que catro mulleres se converteron en salvadoras. Paula Cons non foi a única en querer ficcionar os feitos. Unha mostra que se inaugura hoxe en Ribeira dá conta da intención de Valle Inclán de escribir unha traxedia. 
As actrices Nerea Barros e Victoria Teixeiro. (Foto: Nós Diario).
star
Cinema

O 'Titanic galego' e as tres heroínas de Sálvora

O 2 de xaneiro de 1921, o buque a vapor Santa Isabel, con máis de 200 pasaxeiras e pasaxeiros a bordo, encalla fronte á costa da illa de Sálvora por mor da mesta néboa. Antes de se afundir, tres mulleres da illa logran rescatar con vida 48 persoas remando de ouvido nunha gamela. 
salvora insectos bichos
SOCIAL

Hotel para insectos en Sálvora

Medio Ambiente promove na illa o primeiro hotel de insectos do Parque Nacional coa fin “de preservar os seus ecosistemas”. A intención é estender este proxecto ao resto do parque, de tal forma que cada arquipélago poida contar a medio prazo cunha instalación deste tipo

Parlamento de Galiza
POLÍTICA

O Parlamento pide á Xunta que procure unha alternativa a Sálvora para verter os lodos

O Pleno aprobou por unanimidade unha proposición non de lei na que lle pide ao Goberno unha “proposta alternativa e sustentábel” para depositar eses residuos.

miguel angel iglesias patron rianxo imaxe de Canal Rias Baixas
Miguel A. Iglesias, patrón maior de Rianxo

“O do vertido dos lodos é outra espada riba da cabeza do sector do mar, e xa non eran poucas”

A noticia de que a administración autorizou a verter nas proximidades de Sálvora, na entrada á Ría de Arousa, as 300.000 toneladas de lodos que se extraian do dragado do Lérez pon en pé de guerra o sector do mar arousán. Un sector afeito a mostrar unidade e constancia en batallas recentes como a que protagonizou contra a Lei de Acuicultura ou a que mantén contra a mina de Touro-O Pino.

Salvora faro Foto de MSM
SOCIAL

PDRA anuncia medidas legais e mobilizacións contra o vertido de “lodos contaminantes” en Sálvora

Salientan a “unanimidade” na Ría de Arousa contra o proxecto de verter lodos procedentes “de zona C e da beira da Celulosa de Pontevedra”.

Salvora faro Foto de MSM
SOCIAL

Un vertedoiro submarino de lodos portuarios a dúas millas do Parque Nacional Illas Atlánticas

O punto entre Sálvora e Ons elixido a finais da década dos 90 polo Estado para depositar os lodos e residuos extraídos no dragado de ampliación do Porto de Vilagarcía continúa a ser para a administración unlugar ideal para verter eses residuos. Un punto situado a 2 millas de Sálvora e 3,7 millas de Ons, ambas as dúas illas do Parque Nacional Illas Atlánticas. Sectores produtivos e colectivos ambientalistas piden que se acabe de vez con este "despropósito".

faro illa de sálvora
O valenciano Julio Vilches publica un diario sobre a súa vida na illa

O derradeiro fareiro de Sálvora

En 1980, Julio Vilches (Valencia, 1953) desembarcou na illa de Sálvora, 190 hectáreas na boca da ría de Arousa. Técnico mecánico de sinais marítimos, cando o Ministerio de Obras Públicas lle comunicou destino buscou información ao respecto. “O único que conseguín saber era que estaba deshabitada e que pertencía a un marqués”, relata. En Sálvora pasaría 37 anos da súa vida e alí naceríanlle dúas fillas. Parte desa experiencia relátaa en Sálvora. Diario de un farero (Hoja de Lata, 2017), que presentou a quinta feira en Compostela.
 

Heroínas de Sálvora
CULTURA

Unha mostra lembrará as heroínas de Sálvora en Ribeira

Os seus nomes eran Josefa Parada, Cipriana Oujo, María Fernández e Cipriana Crujeiras, coñecidas tamén como as heroínas de Sálvora.  Sen temer polas súas vidas cun mar embravecido, apañaron unha dorna para rescatar os superviventes dun naufraxio que se saldaría con 213 persoas mortas. Unha exposición lembrará a súa historia en Ribeira, concello que aínda non ten unha rúa dedicada ás salvadoras do mar.