rural

Ana Pontón, esta cuarta feira, en Rábade (comarca de Lugo). (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Pontón propón contratos homologados que estabelezan prezos mínimos para evitar perdas nas granxas

O BNG tamén avoga por reducir a carga burocrática.
Gandeiros durante a terceira edición da Feira en Defensa do Gando de Montaña, en Cervantes (Os Ancares), decorrida en maio de 2023 (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

O futuro da gandaría galega, "nas mans" do relevo xeracional

As explotación gandeiras do rural galego, sexan de carne ou leite, teñen problemas de relevo xeracional. Os sindicatos agrarios coinciden en demandar unha mellora de servizos e a necesidade de ter prezos xustos para que poidan vivir do seu traballo.
Gando vacún de carne nunha explotación galega. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

A Fruga oponse a unha suba dos seguros da Enesa para a retirada e destrución de animais

A entidade agraria manifesta a súa "total oposición" á proposta de incrementar dos prezos deste seguro, entendendo que a recollida debe ser formulada "como un servizo".
Isabel Vilalba falando no XVIII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego en Chantada (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A Secretaría das Mulleres do SLG repasa a súa historia nunhas xornadas en Chantada

Este domingo remata o XVIII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego (SLG). Trátase dunha edición especial, xa que se cumpren 20 anos de encontros desde o primeiro que decorreu en Allariz (comarca de Allariz-Maceda) en 2004. 
María Ferreiro, Margarida Prieto e Henar Román, representantes do SLG (Foto: Nós Diario).
Agora

A Secretaría das Mulleres do SLG cumpre os 20 anos de encontros

Esta fin de semana terá lugar o XVIII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego (SLG). Trátase dunha edición especial, xa que se cumpren 20 anos de encontros desde o primeiro encontro decorrido en Allariz (comarca de Allariz-Maceda) no ano 2004. Nesta ocasión, terá lugar no Espazo Vilaseco, en Chantada (comarca homónima). "Para nós os encontros anuais da Secretaría das Mulleres son moi importantes", explica María Ferreiro, a súa responsábel dende o ano 2012. "Xuntámonos para analizar, debater, dar e obter información e sacar liñas de traballo, mais tamén para compartir e colectivizar. Este ano case un centro de labregas de todo o país, mais tamén doutras xeografías, traballaremos e celebraremos este aniversario tan especial. Son xa 20 anos de encontros, 20 anos da man", engadiu a representante do SLG.Ademais, o sindicato presentará o documental Labregas, espazos de venda, realizado para dar a coñecer a realidade das mulleres labregas que fan venda directa na Praza de Abastos de Compostela, e a publicación A fala da terra. Labregas, que se trata dunha compilación de testemuñas de mulleres labregas.
Protesta do persoal de Correos, esta quinta feira en Santiago de Compostela (Foto: Nós Diario).
Agora

Persoal de Correos exixe a actualización do pagamento pola quilometraxe no reparto

Persoal de Correos e representantes da CIG concentráronse esta quinta feira en Compostela para demandar o pagamento pendente do aumento das retribucións pola achega do vehículo propio para facer o reparto de correspondencia, especialmente no rural. Desde xullo, o Goberno estatal acordou subir a indemnización por quilometraxe de 19 a 26 céntimos. Porén, denunciaron, "Correos nin actualizou este concepto nin tampouco pagou os atrasos desde xullo".
Leitugas nun invernadoiro de Agroflor (Foto: Agroflor).
star
ECONOMÍA

Grelos e leitugas, entre os produtos máis prexudicados polos cambios na meteoroloxía

As altas temperaturas en inverno, xunto ás choivas intensas dos últimos días, están a afectar ao agro galego. Sectores como a horta e a froita tentan adaptarse ao novo clima para seguir no mercado. O grelo é o peor parado ao non contar con produción dentro da súa Indicación Xeográfica Protexida.
Protestas agrarias esta segunda feira ante as institucións da UE en Bruxelas (Foto: Nicolas Maeterlink / Belga Press / Contacto).
ECONOMÍA

Os Estados da UE ven insuficiente o cambio na PAC que propón Bruxelas

As protestas chegan á sede da Comisión Europea.
Protesta de agricultores e gandeiros fronte á sede do Ministerio de Agricultura, en Madrid, esta segunda feira. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Centos de agricultores e gandeiros galegos mobilízanse en Madrid en defensa do agro

A protesta convocouse a nivel estatal con motivo da importante reunión do Consello de Ministros de Agricultura da UE en Bruxelas sobre o futuro da PAC e a posibilidade de 'relaxar' os requisitos ambientais.
Gandeiras e gandeiros arrodearon onte o Edificio Administrativo da Xunta da Galiza, en Compostela, cos seus tractores (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Cambios na PAC? Os 27 valoran 'relaxar' os requisitos ambientais para obter fondos ante o aumento das protestas

A Comisión Europea ábrese agora a revisar estas normas, xa que algúns mecanismos de condicionalidade son "complicados" de aplicar, o que xerou o rexeitamento dos agricultores, que acusan tamén a carga burocrática da que agora quere libralos Von der Leyen.

Labregas en pé

Mobilización do sector agrogandeiro onte en Compostela, nas proximidades de San Caetano. (Foto: Arxina).
star
Análise

O agro na encrucillada

David Soto Fernández é profesor de Historia Económica na USC.
Gandeiras e gandeiros dirixíndose onte ao Edificio administrativo da Xunta da Galiza, en Compostela, cos seus tractores (Foto: Arxina).
star
ECONOMÍA

Volven as tractoradas en demanda de solucións ante a nova PAC

As mobilizacións do agro galego chegaron onte a varias cidades e vilas do país convocadas polo Sindicato Labrego Galego (SLG), a Asociación Agraria da Galiza (Asaga) e Unións Agrarias (UUAA). Reivindican menos burocracia e adaptar as obrigas da Política Agraria Común.
Explotación gandeira galega (Foto: Europa Press)
star
ECONOMÍA

A burocratización alimenta o descontento do sector agrario galego: "Xerará gastos inasumíbeis"

As organizacións agrarias galegas convocaron para hoxe varias mobilizacións e tractoradas por todo o país. Entre as principais reivindicacións figura a eliminación do que consideran "excesiva burocratización" e a adaptación das normas da nova PAC á realidade do campo galego.
Un tractor avanza por unha estrada situada entre dúas leiras dedicadas a pasto e forraxe. (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Tractores

María do Carme García-Negro é doutora en Economía.
Os prezos finais en destino aumentan en todos os produtos, desde as verduras e hortalizas até a carne (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
ECONOMÍA

O control da cadea alimentaria, fundamental para sindicatos e organizacións do agro e do mar

A elevada diferenza de prezo dos produtos do sector do agro e do mar desde que se entregan -procedentes das explotacións ou das lonxas- até que chegan aos fogares castiga ambos os extremos da cadea alimentaria. Organizacións agrarias e confrarías propoñen solucións que equilibren esta situación.

É tempo de alborada

Acto público do Sindicato Labrego Galego, hoxe en Santiago de Compostela. (Foto: Europa Press)
18-F

Fruga e SLG fan chegar ás forzas políticas cadansúas propostas para o sector agrario

As forzas políticas encaran os últimos días de campaña. Neste contexto, desde a Fruga e o SLG reclaman unha mudanza nas políticas agrarias desde o novo Goberno galego que xurda das urnas o próximo domingo 18 de febreiro. Por outra parte, ambos os sindicatos remarcan que a Xunta da Galiza ten competencias nesta materia.

Finca Arantei, en Salvaterra de Miño (comarca do Condado), propiedade da Compañía Vinícola do Norte de España (Foto: CVNE).
star
ECONOMÍA

A entrada de multinacionais nas Denominacións de Orixe galegas pon en alerta o sector

Viticultores amosan a súa preocupación polos problemas que causa ao sector a chegada de grandes compañías que adquiren adegas e viñedos na Galiza. Entre eles figura a introdución de "vicios alleos" á práctica tradicional do país.
tractores 1
ECONOMÍA

Agromuralla chama a bloquear os accesos da Coruña para denunciar a "emerxencia do sector primario"

Esta protesta a tres días de eleccións desmárcase das mobilizacións convocadas por varias organizacións agrarias para o día 20