Contracultura
Andrea González: "Frei Rosendo Salvado transmite unha historia de superación, emprendemento e humanidade"
28/mar./23
Andrea González, pianista, presenta o legado musical de Frei Rosendo Salvado no seu último traballo, 'Salvado Piano Works'. Nesta conversa, González refírese ás viaxes e ao proceso de recuperación dos manuscritos que conteñen “unhas partituras moi complexas, virtuosas e moi melódicas”.