Rosana Pérez

Mariscadores e mariscadoras recollen bivalvo morto na praia  de Testal, en Noia (Foto: Confraría de Noia).
star
POLÍTICA

A mortaldade do bivalvo copa a atención do Parlamento: hai tanto marisco morto que "ule a podre nas praias"

A alta mortaldade do marisco nas últimas semanas e a consecuente baixa produtividade no sector centrou o debate parlamentario na tarde de onte na Cámara galega. A deputada nacionalista Rosana Pérez interpelou o conselleiro do Mar, Alfonso Vilares, e chamou a regular o desaugue dos encoros, controlar as verteduras contaminantes e investigar as causas e as solucións do problema. A Xunta só sinala o cambio climático e as fortes choivas como causas da mortaldade e evita comprometer axudas ás mariscadoras e aos mariscadores.
A deputada do BNG Rosana Pérez no Parlamento galego. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG exixe á Xunta que paralice "de inmediato" as verteduras de augas residuais da mina de San Finx

Os niveis de cadmio detectados nas inmediacións da instalación son 78 veces superiores ao permitido

Unha mariscadora diante de Ence. (Foto: Salvemos Monteferro)
POLÍTICA

O BNG denuncia o uso "partidista" do PP coa lei do litoral

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denuncia que o Partido Popular está a facer un uso "partidista" da lei do litoral. Os nacionalistas levarán á Cámara unha proposición non de lei para a defensa do exercicio por parte da Galiza de todas as competencias relacionadas co dominio público marítimo e terrestre, algo “esencial”, como recollen na iniciativa xa rexistrada.