Rosalía de Castro

As chaves de Rosalía

Rosalia
star
CULTURA

Breamo, novo punto do mapa rosaliano

O historiador e investigador Diego Rodríguez González dará unha conferencia este 24 de febreiro en Pontedeume, na que divulgará un achádego que engade novos datos ás biografías de Rosalía de Castro e de Manuel Murguía: a parella pasou unha tempada na ría de Ares, probabelmente nunha estadía que tiña como fin o restabelecemento da saúde da escritora, diagnosticada con tuberculose. O descubrimento permite afondar en aspectos pouco coñecidos da súa vida.
 
Cesáreo Sánchez, Anxo Angueira, Rosario Álvarez e Víctor Freixanes, xunto ao grupo Carapaus, no acto de onte no Parlamento (Foto: AELG)
Centos de actos conmemoran o Día de Rosalía

Un país a celebrar a súa poeta

Centos de actos lembran a poeta nacional galega. Desde o Parlamento até as Deputacións pasando por numerosos concellos, entidades públicas e privadas e centros de ensino súmanse a conmemoración da data en que naceu Rosalía de Castro.

A profesora de Filosofía Carme Adán (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Carme Adán: "Entendemos o pensamento de Rosalía porque somos quen de ver onde se xera a inxustiza"

Carme Adán é quen asina este ano o manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para o Día de Rosalía. Adán, profesora de Filosofía, aborda o contido deste manifesto, centrado na xustiza e na necesidade de fomentar o pensamento crítico que é, como di, “unha reflexión a respecto de como nós nos situamos no mundo”.
Os Quinquilláns levarán a cabo unha ruada teatralizada sobre a vida de Rosalía de Castro, con Tero Rodríguez (na imaxe) como a poeta (Os Quinquilláns).
star
CULTURA

O Festival Rosalía volta a Compostela con dous días de actividades

O Festival Rosalía volve esta sexta feira nunha nova edición chea de actividades para un público de todas as idades. Roteiros literarios, faladoiros, teatros, recitais e música encherán as rúas de Compostela para conmemorar a figura e a obra da escritora galega.
Estatua de Rosalía, no Paseo do Espolón, en Padrón. (Foto: Arousa)
CULTURA

Un proxecto saca á luz a faceta máis musical de Rosalía de Castro

Filgueira Valverde protagoniza a primeira entrega de Caligrafías musicais.
Avatar da actriz Maruxa Villanueva que guiará a visita virtual da Casa de Rosalía de Castro.
star
CULTURA

Máis de 45.000 'Caldos de Gloria' para Rosalía

Como xa é habitual, a Fundación Rosalía de Castro convida a degustar un "caldo de gloria" o 23 de febreiro, aniversario do nacemento da poeta, e organiza ademais unha serie de actos entre os que destacan, como novidade, o irmanamento coa Casa Museo de Curros Enríquez e a Fundación Eduardo Pondal e a creación dun avatar de Maruxa Villanueva en 3D para as visitas virtuais á Casa da Matanza. 
Vidreiras do Salón de Plenos de María Pita, onde unha lira e un libro representan Rosalía de Castro. (Foto: Manuel Agra)
star
Reportaxes

A Coruña de Rosalía

Rosalía de Castro viviu na Coruña durante catro anos, na década dos setenta do século XIX, de 1871 a 1875. Xa recalara na cidade anos antes, en 1861, ao regreso dunha viaxe de Madrid. Son moitas as pegadas que fican na urbe para lembrar a escritora: desde o teatro principal, que leva o seu nome, aos seus versos no xardín de San Carlos ou ás vidreiras do pazo municipal.
Igrexa de Bastavales, en Brión (Foto: Arousa).
star
Reportaxes

Un roteiro rosaliano no ensino

Neste artigo trataremos de amosar a experiencia dunha visita didáctica aos mundos da nosa insigne escritora Rosalía de Castro, e aos contextos vitais que tanto influíron nas súas obras. En ningún caso se pretende que esta experiencia sexa única, senón un intento de mostrar múltiples posibilidades de achegarse ao seu mundo e á súa obra. Estruturamos o presente artigo en dous apartados: posibles lugares a visitar e unha experiencia real con alumnado de 3º da ESO nunha xornada escolar (valedeira tamén para 1º de Bacharelato).
Area da Cova. Ao fondo, o o 
monte Corpiño. (Foto: Portfolio Galicia)
star
Reportaxes

Rosalía de Castro en Muxía

Con 16 anos, Rosalía de Castro visitou Muxía, convidada pola súa amiga Eduarda Pondal. Foi en setembro de 1853, coincidindo coa romaría da Barca. Sábese que fixo o camiño ben a pé ou ben a cabalo nunha longa xornada. Unha placa colocada pola Fundación López Abente no ano do centenario de Cantares Gallegos lembra a estadía de Rosalía nese lugar, que deixou pegada na súa obra.
Estatua de Rosalía, no Paseo do Espolón, en Padrón. (Foto: Arousa)
star
Reportaxes

Rosalía nos camiños

A obra  'En las orillas del Sar', de Rosalía de Castro, inspira esta ruta promovida polos concellos de Rois, Dodro e Padrón, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro que aquí se extracta. Senda circular cun percorrido á beira do Sar de dificultade moderada, permite descubrir as fermosas paisaxes de Terras de Iria que inspiraron a escritora.
Retrato de Rosalía, realizado en 1864 por María Cardarelly e atopado en 2013. (Foto: Fundación Rosalía de Castro)
star
Reportaxes

Espazos de Rosalía en Compostela

María Rosalía Rita de Castro nace a 23 de febreiro de 1837 en Conxo, na actual Compostela, onde vive máis da metade da súa vida. O paseo achéganos a lugares relacionados coa Rosalía adolescente, moza, e adulta.
María Muíño, deputada de Normalización Lingüística da Coruña; Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago, e Marina Oural, poeta, na presentación do festival. (Foto: Deputación da Coruña)
CULTURA

Festival Rosalía, dúas xornadas para celebrar o 'súper poder' do galego

Santiago tornará no epicentro das celebracións arredor da figura da 'súper heroína' do país, que porá de novo a capa e o anteface na quinta edición dun festival que contará con música, teatro, roteiros e outras actividades.
Tero Rodríguez caracterizada como Rosalía de Castro. (Foto: Os Quinquilláns)
CULTURA

'Sermos Galiza' redescobre Rosalía cunha edición especial

O 23 de febreiro fanse 186 anos desde o nacemento da escritora.
María Ortega, Carmela Silva e Victoria Alonso esta sexta feira en rolda de prensa (Foto: Deputación de Pontevedra).
CULTURA

A Deputación de Pontevedra prepárase para celebrar o Día de Rosalía "por todo o alto"

A programación prevista "homenaxeará á autora e porá en valor o seu papel como un dos primeiros referentes do feminismo na Galiza".
Retrato de Rosalía de Castro asinado por Joseph Sellier.
CULTURA

Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro 2023

Reproducimos o manifesto que asina Carme Adán para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) de cara ao Día de Rosalía.
Rosalía de Castro nun cómic de 'Batman' (Foto: @Asier1100).
CULTURA

Rosalía de Castro, a Catedral de Santiago e o Celta de Vigo nos cómics de 'Batman'? Eis as probas

A coñecida franquía de banda deseñada que foi levada ao cinema é moi coñecida en todo o mundo e o famoso súper heroe, o "home morcego", é un dos máis recoñecidos da historia do xénero.
Murguía e Rosalía
star
Reportaxes

Abrámoslle a fiestra a Alejandra Murguía

Contan que cando Rosalía de Castro sentiu que se lle esvaecía a vida pediulle á súa filla Alejandra que abrise a fiestra para sentir o mar. Alejandra Murguía tiña 26 anos e, dende que a súa nai enfermara, non se separara da aba da súa cama. Soltaría a débil man Rosalía para abrir a fiestra ao aire do verán, que indiferente, entraría na habitación da casa da Matanza para inundar cada recuncho coa súa morna fasquía e para levar o último alento de Rosalía sobre a terra que tanto cantara, e sobre a auga que discorría entre as vizosas e verdes orelas do Sar.
Paul Bilbao, Marcos Maceira e Francesc Marco, na ofrenda floral deste domingo, 22 de xaneiro. (Foto: A Mesa)
SOCIAL

Entidades en defensa do galego, do euskera e do catalán reafirman a súa vontade de seguir traballando xuntas

Entidades en defensa do galego, do euskera e do catalán realizaron este domingo unha ofrenda floral a Rosalía e Castelao no Panteón dos Galegos Ilustres, en véspera do centenario de Galeusca.

Ría de Padrón