rock

Familia Caamagno. (Foto: Aigi Boga)
star
Entrevistas

Familia Caamagno: "Podes non facer un discurso político directamente pero referirte ao tema de xeito que deixes clara a túa postura"

A sala Capitol a rebentar, público e colaboradores de distintas xeracións do rock e xente nova que tatareaba todas as cancións. Algo deben estar a facer ben Familia Caamagno e notouse no concerto de presentación do seu novo disco, O mundo está derrotado. Hai xa máis de dez anos que se xuntaron co obxectivo de pasalo ben e facer que a xente bailase e se divertise coa súa música. Moitas viaxes en furgoneta e uns cantos discos despois, o proxecto está a dar os seus froitos. Falamos con Manuele, voz do grupo, de O mundo está derrotado e da traxectoria da banda. 
Arrythmia.
star
Música

Spoiler

Seguramente o mellor disco de metal que escoitaremos en 2022
DIOIVO 1
CULTURA

Jacobo Mouriño, de 'Rouco Son': "Tentamos dar un espazo especial ás bandas que empregan o galego na súa música"

Dende hai pouco máis de tres meses, a escena musical do rock na Galiza conta cun novo medio de difusión: a revista Rouco Son. Dirixida por Javier Carnota e con Jacobo Mouriño como coordinador de contidos, o proxecto conta cunha edición dixital e física, da cal xa se editaron seis números. 
Traller de Semente de Berrar, o documental sobre o punk na Galiza
CULTURA

Traller de Semente de Berrar, o documental sobre o punk na Galiza

'Semente de Berrar'. Noventa minutos para resumir 40 anos de ruído e rúa. "Un documental que pretende reflectir, en notas máis ou menos afinadas, parte da contracultura na Galiza nos últimos 40 anos", afirman os impulsores da iniciativa.
Foto promocional da banda Ruxe Ruxe
CULTURA

’25 anos ruxindo’: 32 bandas galegas renden homenaxe a Ruxe Ruxe

O grupo compostelán fai un cuarto de século sobre os escenarios.

A banda nunha imaxe do videoclip de 'Agitar'
star
Música

Facendo historia

En Maleza atoparedes unhas Balas de prata para pegarlle dous tiros na cara á nova escena galega de tanta pantasma, electrónica, autotune e textos baleiros. Rock, punk, metal ou grunge, todo ben remexido, mesturado e masterizado.
Heredeiros da Crus (Foto: S. Blanco)
CULTURA

Heredeiros da Crus afronta a súa xira "angústica"

Javier Maneiro, Antonio Novo, Francisco Velo, Manu Rey e Tonhito de Poi son os Heredeiros da Crus. Despois da situación "angustiosa" vivida na pandemia, a banda reinventa os seus temas en estilo acústico para unha xira en 2021 "angústica". De Poi conta os detalles deste espectáculo ao 'Nós Diario'.
Paula Chaves, Pauliña, caracterizada como diaño para o seu novo videoclip 'Remordementos'.
Pauliña publica 'Testemuñas'

Paula 'Pauliña' Chaves: "É unha necesidade urxente que a xente cante, fale e cree contido en galego"

Após 'De-Xeneración' e 'A Malfalada', Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña, presenta o seu terceiro traballo 'Testemuñas'. Un disco "sen cancelas musicais e parido tras vivir moita ansiedade, presións e cambios na miña vida que se vén reflectidos neste traballo", salienta a cambadesa. 
Deleiba Foto Bandasss
CULTURA

Deleiba presenta o seu rock galego máis "positivo"

A banda de Muros, Deleiba, aposta por un videoclip sobre a positividade e esperanza coa canción "Erguerse"
O músico Carlos Cernadas (cedida).
CULTURA

Carlos Cernadas: "Meter unha gaita nunha canción non é facer música tradicional galega"

A tradición galega mestúrase co rock en Sons of Exodus de Carlos Cernadas, que desde a emigración nas Illas Británicas presenta unha historia de ficción ambientada no século XIX na Galiza. Con referencias á batalla de Elviña (A Coruña) e á lenda da raíña Lupa o músico de Rianxo contrúe o seu primeiro álbum.

Imaxe promocional de Moura
Cultura

A psicodélica descuberta do folk druídico

Moura liberaba o 1 de abril, en plena reclusión pandémica, o seu primeiro álbum na rede. O disco, que leva o nome do grupo, é froito dunha actividade que leva en curso desde 2016. O seu foi un periplo longo cara á descuberta do seu estilo singular, que mestura rock progresivo, psicodelia e folk. Unha fusión que convoca o trance e afonda nas raíces druídicas, con escalas galaicas e a inestimábel achega dos instrumentos tradicionais da Irmandade Ártabra. Todo un proceso de aprendizaxe no que os integrantes acharon o valor do propio, iso que, por próximo, algunhas veces costa máis ver.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
CULTURA

Ruxe Ruxe e o orgullo rock da aldea

A veterana banda de Aríns edita o seu décimo primeiro disco
BROA - Sairá o Sol (con Jásper Nao)
CULTURA

BROA - Sairá o Sol (con Jásper Nao)

heredeiros da crus
CULTURA

Heredeiros pon fin a 6 anos de silencio discográfico con 'Derretidos'

Novo disco dos do Barbanza e inicio de 'Europrea', a xira que os leva a actuar en Londres, Xenebra ou Barcelona.

Grilo grupo rock
Un novo grupo de rock en galego

GRILO presenta o seu primeiro videoclip

Grilo é un grupo rock en galego creado no 2018. Composto por Adrián Gómez Lorenzo (guitarra e voz), Alberte Fernández (baixo e coros) e Miguel Varela Álvarez (batería). Veñen de sacar nas súas redes sociais o videoclip do seu primeiro single, chamado "Criminal"

Nao
CULTURA

Nao ‘libera’ nas redes 2 cancións do seu disco de despedida, que se publicará o 20N

Xa se poden escoiar adiantos do derradeiro traballo da banda, como ‘Franco Resurrection’ e ‘Adeus e grazas’.

 

xurxosouto-cans
Rock in Cambre, a achega de Xurxo Souto

Historia do rock & roll

Os Resentidos
O 3 e o 4 de agosto

O Rock in Cambre e a historia do rock galego

O Rock in Cambre deste ano é un catálogo da historia do rock galego. O 3 e o 4 de agosto pasarán polo seu escenario algúns dos seus referentes prinicipais: Radio Océano, Heredeiros da Crus, Siniestro Total e Os Resentidos. Farano acompañados de varios nomes internacionais nunha cita que atinxe a súa edición número 27.
 

Rumahoy_promo
CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Rumahoy: O triunfo da piratería [por Isidro Rajo]

Após navegar polos sete mares, Rumahoy  chegan a porto co seu álbum de debut: The Triumph of Piracy. Un traballo que nos trae 9 temas de pirate metal que demostran que aprenderon a lección dos grandes do xénero, como Alestorm.

Audrey Horne Blackout
CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Audrey Horne: blackout [por Isidro Rajo]

Audrey Horne é unha desas bandas que descobres de casualidade, xa que esperas algo totalmente distinto do que realmente é. O motivo no foi outro que -sendo unha banda norueguesa formada ente outros por membros de Gorgoroth e Enslaved- non podería tratarse máis que dunha superbanda de black metal. Non teño que dicir que os primeiros compases de escoita do seu primeiro EP, “No hay banda”,Audre sacoume precipitadamente do meu erro.