Risga

Desde 2013 na Galiza colectivos cidadáns demandan a aprobación dunha Renda Básica Universal (Imase: Colectivos cidadáns pola RBU)
SOCIAL

Alivio ante a chegada da renda mínima vital con dúbidas sobre o seu alcance

En 2018, 128.000 galegas e galegos atopábanse en situación de pobreza severa e a COVID-19 disparou as axudas de emerxencia. A axuda estatal sería compatíbel coa Renda de Inserción Social da Galiza, a RISGA, se a Xunta da Galiza muda a normativa.
2020042113211360915
SOCIAL

Organizacións sociais galegas claman por unha "renda básica, xa!"

Unha ducia de colectivos e organizacións galegas do ámbito social impulsan unha campaña para reclamar a posta en marcha dunha renda básica que, fronte a instrumentos como a Risga, sexa capaz de prover dunhas mínimas condicións materiais que garantan unha vida digna, para afrontar as consecuencias socioeconómicas que a crise sanitaria está a traer en forma de despedimentos, ERTE e máis precariedade. 

 

 

Acción levada a cabo polo colectivo Os Ninguéns para visibilizar a veciñanza empobrecida (Imaxe: Os Ninguéns)
SOCIAL

Alertan das dificultades de perceptoras de axudas sociais para acceder a vivenda en Vigo

O colectivo Os Ninguéns denuncia que, ao tempo que os prezos suben, cada vez se exixen maiores requisitos para alugar. Asegura que a Xunta e o Concello só cubren o pago da vivenda uns meses para as persoas que se atopan ante o risco dun desafiuzamento.
[Imaxe: Os Ninguéns] Protesto en relación á Risga
SOCIAL

Labazada á política da Xunta na Risga

Condenan á administración galega a indemnizar unha muller polos prexuízos causados ao ter que mudarse para non perder a renda de integración social.

[Imaxe: Os Ninguéns] Protesto en relación á Risga
SOCIAL

As dúbidas sobre o decreto da Risga

Non se esperan grandes cambios, pois o contido do documento presentado pola Consellaría apenas ofrece avances nos puntos máis sinalados polos axentes sociais durante os últimos anos. O anuncio chega despois de aumentos continuados no orzamento e no número de persoas beneficiarias, que supera as 11.000 en todo o país. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 280.

(Foto: ODS)
SOCIAL

Retiran a Risga a unha veciña de Nigrán por chegar tarde a unha entrevista por unha doenza crónica

A Xunta deixa sen prestación para persoas en exclusión social unha veciña de Nigrán, de 29 anos, porque considera que "non amosou interese en acadar o emprego” e tamén por ter comprado un coche con cartos emprestados pola súa irmá ante a avaría total do seu vehículo. 

Roberto Solano
SOCIAL

Contar con 2.130,04 €, motivo para excluír solicitantes da Risga

ODS-Coia denuncia o caso de dous perceptores aos que a Xunta lles denegou a axuda ou se lles descontou a contía da que dispuñan no banco.

Xunta de Galiza
POLÍTICA

A Xunta exixe @s utentes da Risga "non exercer a prostitución nen a mendicidade"

O grupo parlamentar de AGE criticou as cartas que o goberno galego está a remitir ás persoas que perciben a renda social e que abranguen requisitos non recollidos na lei vixente. Aliás, denuncian que se lles submeta a un maior control que "a calquera cargo público". 

Galiza

O BNG logra un acordo parlamentario para axilizar a Risga

O BNG logrou un acordo parlamentario que axilizará de maneira significativa a xestión da Risga. Tardarán un máximo de dous meses as rexístradas antes de fins de marzo e ás que demoren máis de tres meses se lles aplicará o silencio administrativo. 

Galiza

"Quince días para tramitar a lei para cambiar un rei, nove meses para a Risga"

Se non se resolven antes, os expedientes da Risga aprobaríanse de maneira automática aos tres meses, por silencio administrativo. É o que reclamou o BNG no Parlamento nunha iniciativa presentada pola deputada Carme Adán.

POLÍTICA

O tempo medio de agarda pola Risga duplica o estabelecido na lei

O BNG preguntará no Parlamento que medidas ten en mente a Xunta para facer fronte ás cifras: en Galiza hai 133 persoas sen fogar por cada 100 mil habitantes, o dobre que no estado. A deputada Carme Adán interesarase tamén por saber por que o proxecto de lei de inclusión "leva dous anos e medio de retraso" na súa tramitación. A norma vixente, de 1991, fixa en tres os meses de agarda pola Renda de inserción. Porén, quen a solicita non a cobra até os seis meses