rías

Unha muller sostén crías de bivalvos mortos arrastrados á enseada de San Simón, na ría de Vigo. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
TRABALLO

Está a apertura dos encoros detrás da morte dos bivalvos galegos? Estudos científicos apuntan a unha incidencia de causa-efecto

Medran as exixencias de "luz e taquígrafos" por parte de afectados nas rías sobre os protocolos de aperturas de encoros

Mariscadores e mariscadoras recollen bivalvo morto na praia  de Testal, en Noia (Foto: Confraría de Noia).
star
POLÍTICA

A mortaldade do bivalvo copa a atención do Parlamento: hai tanto marisco morto que "ule a podre nas praias"

A alta mortaldade do marisco nas últimas semanas e a consecuente baixa produtividade no sector centrou o debate parlamentario na tarde de onte na Cámara galega. A deputada nacionalista Rosana Pérez interpelou o conselleiro do Mar, Alfonso Vilares, e chamou a regular o desaugue dos encoros, controlar as verteduras contaminantes e investigar as causas e as solucións do problema. A Xunta só sinala o cambio climático e as fortes choivas como causas da mortaldade e evita comprometer axudas ás mariscadoras e aos mariscadores.
A deputada do BNG, Rosana Pérez, no pleno do Parlamento (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG exixe medidas de apoio para o sector do mar ante a mortaldade do marisco

Rosana Pérez, que interpelará o conselleiro do Mar a próxima cuarta feira, demanda investigación sobre a caída de produción e medidas de promoción económica para mellorar os resultados nas rías galegas.

Evolución da produción de berberecho na Galiza nos 10 primeiros meses do ano entre 2003 e 2023 (Gráfica: Xaquín Rubido / Pesca da Galiza).
star
ECONOMÍA

A recollida de ameixa e berberecho afunde na Galiza: a produción cae en máis de 60%

A produción de bivalvo sofre unha fonda crise, algo que se referenda nos datos de recollida de berberecho no que vai de ano, mais tamén nos da ameixa fina ou a rubia, moi por baixo da media dos últimos 21 anos durante o mesmo período. O berberecho perdeu este ano 76% da produción con respecto á media entre 2003 e 2023, mentres que a recollida de ameixa fina caeu 67% e a de rubia fíxoo en 64%. 
Recollida do bivalvo arrastrado pola preamar (Foto: Confraría de Noia).
Agora

Gran preocupación en Noia polo marisco morto a raíz do desaugue do encoro do Tambre

O sector marisqueiro de Noia realizou onte unha recollida do bivalvo que foi arrastrado pola preamar na fin de semana. O obxectivo da actividade é recuperar o que estea vivo e avaliar a mortaldade derivada da apertura do encoro do Tambre. A bióloga do pósito, Liliana Solís, informou Nós Diario de que foron recollidas un total de 18 toneladas de crías de berberecho de 20 milímetros de tamaño, das que 65% estaban aínda vivas. Ademais, a mortaldade do bivalvo tamén preocupa en Rianxo.
Un técnico da Confraría de Noia realizando mostraxes sobre a poboación de bivalvo na ría (Foto: Confraría de Noia).
TRABALLO

A Xunta escúdase no recrutamento de cría para evitar analizar a mortaldade do bivalvo nas rías

O sector marisqueiro sofre unha fonda crise na rías de Arousa e de Noia.

Rinse das rías

Represenantes de colectivos do mar e das confrarías galegas esta sexta feira no Parlamento galego. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

Colectivos do mar impulsan unha iniciativa lexislativa para protexer a pesca fronte a proxectos industriais

Comezarán a recoller sinaturas após o verán para debater a ILP no Parlamento co fin de “garantir a actividade tradicional”

As propostas para mudar a ría de Pontevedra presentáronse esta quinta feira. (Foto: Nós Diario)
Medio Ambiente

A renaturalización de Ence, unha proposta "ambiciosa pero viábel": así sería a ría sen a pasteira

Unha proposta da Escola Superior de Arquitectura da Coruña estuda e detalla as actuacións máis acaídas para a renaturalización da contorna de Ence en Lourizán no suposto dunha ría sen celulosas. O proxecto contou coa colaboración da APDR e o Concello de Pontevedra.

Aparellos de extracción de ameixa na ría de Ferrol. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Por que a ría de Ferrol xa non produce marisco? A USC ten as claves

Un informe elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela alerta dos factores que lastran a producción marisqueira da ría de Ferrol.

Factoría de Ence en Lourizán. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Pontevedra reclamará a nulidade da sentenza do Supremo sobre Ence por "indefensión"

A portavoz municipal pontevedresa, Anabel Gulías, afirmou que o ditame do Tribunal Supremo "xera indefensión" para o Concello, argumentando que "había máis motivos" que a reclamación contra a localización da fábrica.
A conselleira de Mobilidade e Infraestruturas, Ethel Vázquez (Foto: Xunta da Galiza).
POLÍTICA

Unha cuarta parte das augas das rías galegas non están en bo estado

A Xunta defende que en 2027 estarán 100% e a oposición lembra que esa promesa xa  fixeran con datas anteriores.

Defendamos o noso mar. Coidemos as nosas rías

Un técnico da Confraría de Noia realizando mostraxes sobre a poboación de bivalvo na ría (Foto: Confraría de Noia).
ECONOMÍA

A baixa salinidade na ría acaba con 81% do berberecho en Noia

O sector marisqueiro da Confraría de Noia demanda un paro biolóxico de dous meses e axudas compensatorias por parte da Xunta.
Panorámica da ría de Ribadeo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Administración española desestima os recursos contra a oficialidade do topónimo 'ría do Eo'

A Subdirección Xeral de Recursos do Estado español desestimou os recursos presentados pola Deputación de Lugo, a Xunta da Galiza, o Concello de Ribadeo, a Plataforma pola Defensa da ría de Ribadeo e a Plataforma de Mariños de Ribadeo.
Vista da ría de Ribadeo, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Joaquín Milans / Turismo de Ribadeo)
LINGUA

A Xunta recorre a resolución favorábel ao topónimo 'ría do Eo': "É incorrecto xeográfica e semanticamente"

A forma oficial 'ría de Ribadeo' está apoiada pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura, a Deputación de Lugo, o Concello de Ribadeo e o Grupo ANTE de Investigación de Análise Territorial da USC.
Mariscadoras desenvolvendo a súa actividade na ría de Muros e Noia (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Indignación no marisqueo a pé noiés ante unha nova semana sen recoller bivalvo

A confraría de pescadores de Noia anunciou que, debido ao tardío horario da marea baixa e á imposibilidade de atrasar as poxas, o marisqueo a pé non poderá saír ao mar nin a cuarta nin a quinta feira. Unha decisión que xerou indignación no sector.
Embarcacións marisqueiras amarradas no porto de Testal, en Noia (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A presenza de toxina adía 15 días o comezo da campaña marisqueira de Noia

A toxina paralizante afecta por primeira vez os bancos xestionados pola Confraría San Bartolomeu de Noia.
Ondas na costa da Coruña resultado da borrasca Barra (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

A borrasca Barra mantén perto dunha trintena de mercantes ao abrigo das rías galegas

A alerta por ondas de até oito metros fronte á Costa da Morte e ás Rías Baixas obrigou aos grandes buques a buscar refuxio.
Unha mariscadora diante de Ence. (Foto: Salvemos Monteferro)
SOCIAL

As rías galegas están a sufrir 265 verteduras contaminantes

As rías máis afectadas son a de Muros-Noia e a de Arousa. A Consellaría de Infraestruturas tamén recoñece que a metade das depuradoras en concellos de máis de 2.000 habitantes non funciona ben.